Noticias

Mér, 06/08/2014

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes trouxo hoxe ata Mesía a súa actividade 'Contiños para compartir', co propósito de promover o respecto pola igualdade de xénero entre a infancia. Na sesión participaron os 24 nenos e nenas que acoden durante esta semana ao programa de conciliación 'Respira Mesía'.

Lun, 04/08/2014

O Concello de Mesía publica o cadro de competición e a normativa do VIII Torneo de Tenis que leva o seu nome. Os partidos comezan a disputarse esta mesma semana, a partir de mañá martes, e a final está prevista para o sábado 30 de agosto a partir das 11:00 horas.
Consulte o cadro de competición e a normativa.
O torneo está patrocinado por Coca-Cola, que ofrece bebidas para os competidores durante este evento deportivo.

Lun, 28/07/2014

Preto de medio cento de nenos e nenas participaron durante este mes de xullo nos campamentos de verán 'XoeCon' (xogar e conciliar) do Concello de Mesía. Estiveron distribuídos en dous grupos de idade: un de catro a oito anos e outro de nove a trece anos. Os campamentos ofreceron numerosas actividades de creatividade artística, novas tecnoloxías, deporte ou lecer.

Mar, 22/07/2014

O Torneo Interparroquial de Fútbol do Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola, celebrarase o domingo 31 de agosto no campo municipal de céspede artificial en Visantoña. A competición dividirase en categorías de fútbol-8, fútbol-5 e fútbol-11. O prazo de inscrición remata o 27 de agosto, no correo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.es. Toda a información en 'ler máis'.

Lun, 21/07/2014

O Concello de Mesía organiza unha saída ao lago artifical das Pontes para o venres 8 de agosto. Poderán participar persoas de todas as idades. Na viaxe, coñecerán distintos lugares de interese do municipio pontés, xantarán nunha área recreativa e pasarán a tarde no lago, apto para o baño. O prezo desta actividade é de 5 euros. As inscricións teñen que formalizarse antes do 5 de agosto. Toda a información en 'ler máis'.

Páxinas