Noticias

Lun, 21/11/2016
DIA DO CACHIBOL MESIA EN SANTA COMBA

130 xogador@s compartiron o 12 de novembro o Día do cachibol galego en Santa Comba, con equipos de Mesía, Vigo, Ourense e o propio Santa Comba.

Xogaronse varios encontros entre estes concellos, bailaron, comeron xuntos e participaron na grabación do programa Aquí Galicia da TVG.

O vídeo desta saída pode verse na páxina Facebook Deporte Concello Mesía.

O Cachibol prácticase como actividade deportiva munipal para tódas as idades, no pavillón de  Olas os lunes 16:30-18:00.

 

Mar, 15/11/2016
FUTSAL TORNEO CONTA CANCRO MESIA 2015

O IX Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase os venres 23 e 30 de decembro 2016, a partir das 20:00, dada a complicación destas datas de Nadal. Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 16 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.

Mar, 01/11/2016
BALNEARIO CONCELLO MESIA 2016

35 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas ao Balneario de Guitiriz durante catro venres do mes de outubro.

Englobado dentro do Programa "Deporte é saúde" viaxaron a Guitiriz onde a duración do tratamento no Balneario era de dúas horas, na piscina de chorros, jacuzzi, tumbonas...

Antes da Semana santa realizaránse outras saídas; a nova sairá no Boletín de Entroido 2017.

Lun, 31/10/2016
O RUEIRO

A compañía Elefante Elegante ofrecerá de balde para todos os públicos a partir de oito anos o novo espectáculo teatral do programa FalaRedes.

Será o vindeiro domingo día 6 de novembro ás 18:00 horas na Casa da cultura de Xanceda.

Máis información da obra pinchando aquí.

Lun, 31/10/2016
CATAMARÁN GROVE  MESIA

O día 15 de outubro  150 persoas de Mesía foron de excursión ás Rias Baixas.

A mañan, despois dun almorzo de camiño, visitaron en Vigo o Mercado da pedra. Tras a comida dirixíronse a Festa do marisco do Grove, e xa durante a tarde deron un paseo en catamarán e degustaron mexillóns.

Páxinas