Presentamos actividades para todos os gustos neste Nadal 2016 no Concello de Mesía.
Teremos cuberto todo o Nadal con visitas do Paxe Real e os Reis, saídas a patinar sobre xeo e a Xuvenlugo, Xuntanza de Nadal, Torneos solidarios de fútbol sala infantil e adultos, Xornadas de cachibol, e Obradoiros de Fimo e conservas, así como avisos de cursos para o próximo trimestre.
O IX Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase os venres 23 e 30 de decembro 2016, a partir das 20:00, dada a complicación destas datas de Nadal. Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 16 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.
35 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas ao Balneario de Guitiriz durante catro venres do mes de outubro.
Englobado dentro do Programa "Deporte é saúde" viaxaron a Guitiriz onde a duración do tratamento no Balneario era de dúas horas, na piscina de chorros, jacuzzi, tumbonas...
Antes da Semana santa realizaránse outras saídas; a nova sairá no Boletín de Entroido 2017.
Noticias
SOLIDARIDADE, SAÍDAS, DIVERSIÓN E OBRADOIROS PARA O NADAL NO CONCELLO DE MESÍA
Presentamos actividades para todos os gustos neste Nadal 2016 no Concello de Mesía.
Teremos cuberto todo o Nadal con visitas do Paxe Real e os Reis, saídas a patinar sobre xeo e a Xuvenlugo, Xuntanza de Nadal, Torneos solidarios de fútbol sala infantil e adultos, Xornadas de cachibol, e Obradoiros de Fimo e conservas, así como avisos de cursos para o próximo trimestre.
O CACHIBOL DO CONCELLO DE MESÍA COMPARTE CON MÁIS DE 100 XOGADORES O DÍA DO CACHIBOL GALEGO
130 xogador@s compartiron o 12 de novembro o Día do cachibol galego en Santa Comba, con equipos de Mesía, Vigo, Ourense e o propio Santa Comba.
Xogaronse varios encontros entre estes concellos, bailaron, comeron xuntos e participaron na grabación do programa Aquí Galicia da TVG.
O vídeo desta saída pode verse na páxina Facebook Deporte Concello Mesía.
O Cachibol prácticase como actividade deportiva munipal para tódas as idades, no pavillón de Olas os lunes 16:30-18:00.
ABRE PRAZO INSCRICIÓN PARA O IX TORNEO SOLIDARIO "MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2016"
O IX Torneo MESÍA CONTRA O CÁNCRO xogarase os venres 23 e 30 de decembro 2016, a partir das 20:00, dada a complicación destas datas de Nadal. Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 16 de decembro formalizarase esta inscrición cubrindo a Folla de inscrición.
35 VECIÑ@S DO CONCELLO DE MESÍA ACUDIRON AO BALNEARIO NO PROGRAMA DEPORTE É SAÚDE
35 veciñ@s do Concello de Mesía desfrutaron das saídas ao Balneario de Guitiriz durante catro venres do mes de outubro.
Englobado dentro do Programa "Deporte é saúde" viaxaron a Guitiriz onde a duración do tratamento no Balneario era de dúas horas, na piscina de chorros, jacuzzi, tumbonas...
Antes da Semana santa realizaránse outras saídas; a nova sairá no Boletín de Entroido 2017.
6 DE NOVEMBRO TEATRO "O RUEIRO DAS LIORTAS" EN XANCEDA
A compañía Elefante Elegante ofrecerá de balde para todos os públicos a partir de oito anos o novo espectáculo teatral do programa FalaRedes.
Será o vindeiro domingo día 6 de novembro ás 18:00 horas na Casa da cultura de Xanceda.
Máis información da obra pinchando aquí.
Páxinas