Noticias

Mar, 02/08/2016

O punto limpo dos concellos de Frades e de Mesía abrirá as súas portas o vindeiro mércores 3 de agosto no lugar de Alamparte, parroquia de Céltigos (Frades), que dará servizo aos veciños e veciñas empadroados en ambos municipios. Unha parcela emprazada a pé da N-634, polo que é de doado acceso tanto para os veciños de Frades como para os de Mesía. Inicialmente, os horarios de atención ao público serán os mércores, de 16:00 a 20:00 horas, e os sábados, de 12:00 a 16:00 horas.

Ven, 29/07/2016
CARTEL FESTA DA AUGA 2016

O sábado 30 de xullo ás 16:00 nas piscinas municipais de Mata - Xanceda celebraremos a FESTA DA AUGA 2016.

Este ano traemos dous inflables acuáticos (Cactus e Tobogán), faremos xogos de auga e Festa da escuma.

A Festa é para adultos e pequenos que estean dispostos a mollarse e divertirse!

Ven, 22/07/2016
FESTA FIN DE CAMPA 2016

60 rapazas e rapaces de 4 a 14 anos compartiron tres semanas de campamento nas instalacións do Concello de Mesía: Brañas da Valga, Piscinas Mata Xanceda, Casa da Cultura, Campo fútbol e Polideportivo de Visantoña. Cunha temátca das olimpiadas fixeron xogos acuáticos, miniaolimpiadas, obradoiros de medallas, antorchas, tónico para golpes, cociña en inglés, baile, contacontos, ximkanas, roteiro, piscina e tamén realizaron dúas saídas ao Aquapark, e outra de multiaventura.

Mér, 20/07/2016
MESIA KAYAK BECHE

85 rapaces e rapazas e nenos e nenas de Xuventude de Mesía e do Campamento XOECON acudiron o 6 de xullo ao Encoro de Beche en Abegondo.

Desfrutaron dunha mañán chea de multiaventura subindo a Kayaks, a tabla de Paddle surf, saltando no inflable e facendo Tiro con arco e sendeirismo.

Poden ver máis imaxes e video da saída no Facebook Deporte Concello Mesia

Dom, 17/07/2016
TORNEO INTERPARROQUIAL FUTBOL BASE 2016

A edición 2016 do TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA xogouse en dúas xornadas por mor da gran participación: o sábado 16 de xullo cas categorías de base e o domingo 17 ca de senior. Cun total de 11 equipos e 150 xogador@s, foi unha das edicións máis numerosas. O Concello repartiu medallas para todos os participantes de fútbol 5 e 8, así coma Copas aos campións e subcampións de cada categoría.

Páxinas