O Concello de Mesía divulga o Real Decreto do Ministerio de Agricultura, publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe, polo que se establecen as normas reguladoras para a concesión directa de axudas 'de minimis' para compensar as dificultades económicas no sector leiteiro. O texto establece os 'umbrais de rendibilidade' sobre os que se determinarán as contías, que como moito serán de 300 euros por vaca e de 10.000 euros por explotación. Nos vindeiros días, o Ministerio publicará unha relación provisional de explotacións beneficiarias e abrirá un prazo de dez días para presentar alegacións, rexistrar os datos bancarios, presentar unha declaración responsable sobre outras posibles axudas e autorizar á administración a recabar diversa documentación. Acceda ao texto do Real Decreto facendo clic aquí.
O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 17 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2015-2016. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade. Pode consultar aquí a programación e descargar aquí a folla de inscrición. Non se admiten anotacións por teléfono. Máis información en 'ler máis'.
O Concello de Mesía celebrou hoxe o remate das súas actividades municipais de verán cunha exitosa Festa da Auga. As actividades reuniron máis de 100 persoas, a maior parte nenos e nenas. Os principais entretementos foron os inchables e os xogos de auga, que remataron cunha festa da espuma. As actividades contaron cunha elevada participación. Nos vindeiros días, o Concello presentará a súa programación para o curso 2015-2016.
Esta mañá xogáronse as finais do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015. Mateo Fernández venceu na categoría masculina, María Seoane na feminina e en dobles Alex-Manuel. Rematou así unha competición que se desenvolveu durante todo o mes de agosto e que este ano recuperou as tres categorías, cun total de 23 xogadores e xogadoras. Contou co patrocinio de Coca-Cola. Imaxes aquí.
O programa de conciliación laboral e familiar 'Respira Mesía', programado polo Concello durante a primeira quincena de agosto, tivo vinte nenos e nenas participantes. Consistiu nun campamento de temática ambiental con actividades de reciclaxe, reutilización e xogos na natureza. Galería de fotos en 'ler máis'.
Noticias
O CONCELLO DE MESÍA DIVULGA O REAL DECRETO DE AXUDAS AO SECTOR LEITEIRO, PUBLICADO HOXE NO BOE
O Concello de Mesía divulga o Real Decreto do Ministerio de Agricultura, publicado no Boletín Oficial do Estado de hoxe, polo que se establecen as normas reguladoras para a concesión directa de axudas 'de minimis' para compensar as dificultades económicas no sector leiteiro. O texto establece os 'umbrais de rendibilidade' sobre os que se determinarán as contías, que como moito serán de 300 euros por vaca e de 10.000 euros por explotación. Nos vindeiros días, o Ministerio publicará unha relación provisional de explotacións beneficiarias e abrirá un prazo de dez días para presentar alegacións, rexistrar os datos bancarios, presentar unha declaración responsable sobre outras posibles axudas e autorizar á administración a recabar diversa documentación. Acceda ao texto do Real Decreto facendo clic aquí.
O CONCELLO DE MESÍA ABRE ATA O 30 DE SETEMBRO A INSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DO CURSO 2015-2016
O Concello de Mesía abre desde hoxe, xoves 17 de setembro, o prazo para inscribirse nas actividades municipais para o curso 2015-2016. Estes días están chegando a todos os domicilios do municipio os boletíns coa programación completa para que a cidadanía poida consultar as opcións que máis lle interesan. A oferta é ampla e variada e ofrece alternativas para a infancia, a xuventude, a poboación adulta e a terceira idade. Pode consultar aquí a programación e descargar aquí a folla de inscrición. Non se admiten anotacións por teléfono. Máis información en 'ler máis'.
MESÍA CELEBRA A FIN DAS ACTIVIDADES MUNICIPAIS DO VERÁN DE 2015 CUNHA EXITOSA FESTA DA AUGA
O Concello de Mesía celebrou hoxe o remate das súas actividades municipais de verán cunha exitosa Festa da Auga. As actividades reuniron máis de 100 persoas, a maior parte nenos e nenas. Os principais entretementos foron os inchables e os xogos de auga, que remataron cunha festa da espuma. As actividades contaron cunha elevada participación. Nos vindeiros días, o Concello presentará a súa programación para o curso 2015-2016.
O TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2015 XA TEN GAÑADORES
Esta mañá xogáronse as finais do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015. Mateo Fernández venceu na categoría masculina, María Seoane na feminina e en dobles Alex-Manuel. Rematou así unha competición que se desenvolveu durante todo o mes de agosto e que este ano recuperou as tres categorías, cun total de 23 xogadores e xogadoras. Contou co patrocinio de Coca-Cola. Imaxes aquí.
VINTE NENOS E NENAS PARTICIPAN NO PROGRAMA 'RESPIRA MESÍA'

Páxinas