Noticias

Sáb, 09/05/2015

O polideportivo municipal situado en Olas acolleu hoxe a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe da comarca Ulla-Tambre. Participaron preto de 150 patinadores e patinadoras, ante máis de 200 espectadores. Acudiron as escolas municipais de patinaxe de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'

Mér, 06/05/2015

Este sábado 9 de maio celébrase no polideportivo municipal en Olas a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe Artística dos Concellos da Comarca Ulla-Tambre. Comezará a partir das 17 horas e participarán 140 deportistas de entre catro e quince anos dos concellos de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques.

Sáb, 02/05/2015

Máis de 500 persoas participaron hoxe na Festa da Terceira Idade 2015 do Concello de Mesía. O encontro celebrouse, como é costume, no polideportivo municipal en Xanceda. Para asistir, as persoas interesadas contaron co habitual servizo de transporte en autobús. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'.

Mér, 29/04/2015

A pasada noite tivo lugar a saída 'Imos ao teatro', organizada polo Concello de Mesía. As persoas que participaron nesta actividade tiveron ocasión de ver 'El nombre' no Teatro Colón da Coruña. A obra está interpretada por Amparo Larrañaga e Antonio Molero, entre outros.

Lun, 06/04/2015

As actividades programadas polo Concello de Mesía durante as vacacións escolares de Semana Santa obtiveron unha elevada participación. A saída cultural e de ocio á Coruña, cunha xeira na piscina climatizada de ondas e unha proxección de cine, sumou máis de 80 persoas. A xornada de actividades en inglés congregou tamén un grupo de nenos e nenas. Todas as imaxes en 'ler máis'.

Páxinas