Noticias

Xov, 25/02/2016
REHABILITACION DE VIVENDA

O 1 de marzo as 17:00 horas no albergue de peregrinos Hospital de Bruma haberá unha xornada informativa sobre axudas a rehabilitación de vivendas nos camiños de Santiago.

Mér, 24/02/2016
TARXETA BENVIDA 2016

Aviso para familias con fillos/as nados no ano 2016:

Pódese solicitar nos Servizos sociais do Concello unha axuda económica de 100 € ao mes durante o primeiro ano de vida dos citados fillos/as a través da Tarxeta Benvida.

 

Mar, 23/02/2016
BENESTAR BALNEARIOS 2016

Convócanse un total de 607 prazas en Galicia para participar no programa da Xunta de Galicia de Benestar en balnearios. Se vostede ten cumpridos os 60 anos de idade ou ten máis de 55, é pensionista e está empadroado nalgún concello galego; pode acollerse ó programa de BENESTAR EN BALNEARIOS PARA PERSOAS MAIORES.

Lun, 22/02/2016
Cita previa Servizos sociais

Polo actual ponse en coñecemento dos veciños a instauración do Servizo de Cita Previa nos Servizos Sociais do noso concello.

Deste xeito, cando precisen acudir ós mesmos deberán chamar ó 981 68 72 38 para concertar o día e a hora da visita.

 

Sáb, 13/02/2016
Panorámica da  Festa

Case 300 entroideiros viviron a Festa de Entroido 2016 do Concello de Mesía o 13 de febreiro. Os nenos e maiores, que se achegaron ao Pavillón de Visantoña, desfrutaron dunha divertida tarde con obradoiros, inchables, desfile de disfraces, regalos e gran merenda con chocolate e rosca.

Páxinas