Noticias

Lun, 25/01/2016
Cartel entroido 2016

O Concello de Mesía celebra a súa Festa de Entroido o sábado 13 de febreiro (16 horas) no polideportivo municipal en Visantoña. Haberá inchables, obradoiros, o desfile de disfraces e merenda.

Ven, 08/01/2016

Estación invernal de LeitariegosO Concello de Mesía informa de que xa está aberto o prazo para solicitar unha das tres prazas que lle corresponden ao municipio na 'Campaña de Esquí 2016' da Deputación da Coruña. Poden participar rapaces e rapazas que nacesen entre 2001 e 2005, ambos os dous incluídos. A saída será do 6 ao 11 de marzo. Ten un prezo de 95 euros. Se hai máis solicitudes que prazas, serán outorgadas mediante un sorteo público. 

Mar, 05/01/2016
Cachibol de Nadal

Este mediodía concluíron no pavillón polideportivo municipal en Olas as tres xornadas que o Concello de Mesía reservou para a práctica do cachibol na súa programación de Nadal.

Nestas sesións participaron unhas vinte persoas. Desenvolvéronse os días 21 e 28 de decembro e 5 de xaneiro, entre as once da mañá e as doce e media do mediodía.

Esta actividade foi gratuíta e aberta a todos os participantes, non só ás persoas que durante todo o curso participan nas clases de cachibol da programación xeral de actividades.

Mar, 05/01/2016
Os Reis Magos en Mesía

Os Reis Magos visitaron esta tarde Mesía, nunha festa de recepción que se lles ofreceu como adianto á visita que esta oite farán a cada unha das casas do municipio. Os nenos e nenas foron os grandes protagonistas do acontecemento, que tivo lugar no pavillón municipal en Visantoña, recentemente acondicionado.

Xov, 31/12/2015

As dúas saídas lúdicas programadas polo Concello de Mesía durante estas festas de Nadal superaron os cen participantes cada unha. En concreto, a excursión de patinaxe e cine á Coruña contou con 105 persoas e a visita ao salón de ocio Xuvenlugo chegou ás 120. 

Páxinas