Noticias

Xov, 22/10/2015

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou hoxe o Concello de Mesía. Nunha reunión co alcalde, Mariano Iglesias, anunciou que o vindeiro pleno da Deputación aprobará unha achega de 46.554 euros para contribuír ao mantemento das actividades da Aula da Natureza e no Museo Etnográfico das Brañas da Valga. Tamén se deu conta das cantidades que lle corresponden ao Concello de Mesía no Plan de Obras e Servizos (POS) e no Plan de Acción Social (PAS), cun importe total que alcanza os 529.634 euros.

Mar, 20/10/2015

O Concello de Mesía informa de que o Ministerio de Agricultura acaba de publicar a relación provisional de explotacións gandeiras beneficiarias da axuda complementaria para a liquidez financeira por mor dos baixos prezos do leite. Os gandeiros deben consultar o listado -as identificacións figuran mediante o DNI ou NIF- e se figuran nel dispoñen de dez días hábiles, que contan desde hoxe, para completar a solicitude e acceder así á axuda. Máis información en 'ler máis'.

Sáb, 10/10/2015
Curso manipulación alimentos

Hoxe, sábado 10 de outubro, tivo lugar na Casa da Cultura de Mesía, en Xanceda, un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. A actividade desenvolveuse en horario de mañá, entre as 10:30 horas e as 13:30 horas, e contou coa participación dun total de 21 persoas.

Ven, 02/10/2015

O Concello de Mesía informa da convocatoria de axudas para a liquidez de explotacións agrarias de vacún de leite, con achegas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora das instalacións e a incorporación de mocidade á actividade agraria. A interrupción das amortizacións e dos xuros é de dous anos. A convocatoria foi publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Ven, 02/10/2015

O Concello de Mesía informa da decisión da Xunta de permitir a tramitación de de persmisos para efectuar queimas agrícolas e forestais. A decisión tómase de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución do risco de incendios polo cambio nas condicións meteorolóxicas. Ata hoxe estiveron prohibidas estas queimas porque se mantiñan as condicións propias da campaña de perigo alto de incendios forestais.

Páxinas