Noticias

Ven, 22/05/2015

O Concello de Mesía informa de que, desde mañá sábado 23 de maio e ata novo aviso, quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais. É unha decisión tomada pola Consellería do Medio Rural por mor da actual situación meteorolóxica. Implica que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

Lun, 11/05/2015
Campamentos Deputación

O Concello de Mesía informa de que xa se poden solicitar as prazas para participar nos campamentos deportivos do verán 2015 que promove a Deputación da Coruña. O prazo para presentar as peticións no rexistro xeral do Concello remata o 29 de maio. A quenda de participació de Mesía vai d 28 de xuño ao 4 de xullo. Hai tres prazas para o municipio, que se sortearán publicamente se o número de solicitudes é maior. Toda a información clicando aquí

Sáb, 09/05/2015

O polideportivo municipal situado en Olas acolleu hoxe a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe da comarca Ulla-Tambre. Participaron preto de 150 patinadores e patinadoras, ante máis de 200 espectadores. Acudiron as escolas municipais de patinaxe de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'

Mér, 06/05/2015

Este sábado 9 de maio celébrase no polideportivo municipal en Olas a terceira edición da Gala Intermunicipal de Patinaxe Artística dos Concellos da Comarca Ulla-Tambre. Comezará a partir das 17 horas e participarán 140 deportistas de entre catro e quince anos dos concellos de Boimorto, Cerceda, Frades, Melide, Mesía, O Pino e Toques.

Sáb, 02/05/2015

Máis de 500 persoas participaron hoxe na Festa da Terceira Idade 2015 do Concello de Mesía. O encontro celebrouse, como é costume, no polideportivo municipal en Xanceda. Para asistir, as persoas interesadas contaron co habitual servizo de transporte en autobús. Galería de imaxes no interior da noticia, clicando en 'ler máis'.

Páxinas