Noticias

Mar, 27/01/2015

O Concello de Mesía informa de que desde hoxe martes 27 de xaneiro poden solicitarse as axudas do INEGA para a implantación de caldeiras de biomasa, cofinanciadas co FEADER. A convocatoria foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia e está especialmente dirixida ás vivendas do ámbito rural e á industria. Este ano introdúcese a novidade dunha dedución do 5 % na declaración da renda. Os apoios poden chegar ata o 75 % do custo do proxecto, cun tope de 200.000 euros. Máis información en 'ler máis'.

Ven, 23/01/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións de Medio Rural para a incorporación de xóvenes á actividade agraria. As axudas están cofinanciadas con fondos Feader nun 75 %. O prazo de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá.

Ven, 23/01/2015

O curso de monitoraxe de tempo libre que comezará en febreiro aínda ten prazas dispoñibles. As persoas interesadas en participar aínda se poden anotar na Casa da Cultura. As clases terán lugar durante as fins de semana de dous meses. O curso está composto por 200 horas teóricas e 150 horas prácticas.

Mér, 21/01/2015

O Concello de Mesía está distribuíndo en todos os domicilios do municipio o boletín informativo coa programación de actividades do entroido e da recta final do inverno. Ademais do cachibol de entroido o venres 13 e da festa de disfraces do sábado 14, a publicación anticipa a nova tanda de saídas ao Balneario de Guitiriz, un curso de cociña, un obradoiro de remedios naturais e unha saída ao teatro, xunto co detalle das obras previstas polo Concello para 2015 e outros avisos de interese.

Ven, 16/01/2015

O Concello de Mesía divulga a convocatoria de axudas para investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. O prazo de presentación de solicitudes ante a Consellería de Medio Rural é dun mes contado desde hoxe. Máis información en 'ler máis'.

Páxinas