Noticias

Ven, 08/08/2014

Máis de oitenta persoas participan cada semana nas saídas á praia de Boiro que organiza o Concello de Mesía no programa 'Imos á praia'. Cada xoves dos meses de xullo e agosto, desprázanse en autobuses para pasar un día relaxado a carón do mar, gozando da auga e do sol. Aínda quedan tres saídas máis: os días 14, 21 e 28 de agosto.

Ven, 08/08/2014

As malas condicións meteorolóxicas motivaron hoxe a anulación da saída municipal ao lago artificial das Pontes e a súa substitución pola asistencia a unha proxección cinematográfica na Coruña. Con esta decisión áxil do Concello, as 35 persoas que tiñan prevista unha xornada de lecer, entre nenos e adultos, puideron manter os seus plans, aínda que fose cun destino diferente.

Mér, 06/08/2014

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes trouxo hoxe ata Mesía a súa actividade 'Contiños para compartir', co propósito de promover o respecto pola igualdade de xénero entre a infancia. Na sesión participaron os 24 nenos e nenas que acoden durante esta semana ao programa de conciliación 'Respira Mesía'.

Lun, 04/08/2014

O Concello de Mesía publica o cadro de competición e a normativa do VIII Torneo de Tenis que leva o seu nome. Os partidos comezan a disputarse esta mesma semana, a partir de mañá martes, e a final está prevista para o sábado 30 de agosto a partir das 11:00 horas.
Consulte o cadro de competición e a normativa.
O torneo está patrocinado por Coca-Cola, que ofrece bebidas para os competidores durante este evento deportivo.

Lun, 28/07/2014

Preto de medio cento de nenos e nenas participaron durante este mes de xullo nos campamentos de verán 'XoeCon' (xogar e conciliar) do Concello de Mesía. Estiveron distribuídos en dous grupos de idade: un de catro a oito anos e outro de nove a trece anos. Os campamentos ofreceron numerosas actividades de creatividade artística, novas tecnoloxías, deporte ou lecer.

Páxinas