Noticias

Xov, 27/04/2023

O Concello de Mesía informa de que a Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 74, do 18/04/2023, a Orde do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS614B).


Modalidades:

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade.

2. Modalidade de respiro en centro de día, para financiar os gastos da atención puntual, integral e directa en centros de día da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia.

Serán subvencionables os gastos xerados no ano 2023 dos servizos constituídos polas actuacións que se desenvolvan no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2023. 

Persoas beneficiarias: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de solicitudes: Ata o 30 de outubro de 2023.

Máis información en "Ler máis". 

Sáb, 22/04/2023
RUTA DE SAN PEDRO DE MEZONZO - Concello de Mesía

O domingo 16 de abril fixemos a seguda saída de sendeirismo do ano. Foron uns 7 kms polo entorno do Río Cabalar polo Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo (Vilasantar - Sobrado).
Visitamos o antigo Priorato Mosteiro de Santa Mª de Mezonzo,  e chegada con visita ao Santuario da Nosa Señora da Laxe.

Agradecemos a colaboración da Asociación A Raiña, como guías e como constructores desta bonita Ruta.

Ven, 21/04/2023
CONCURSO "CÓNTANO ELAS" 8M



O Concello de Mesía publica os relatos gañadores do Concurso "Cóntano Elas" organizado polo concello co motivo do Día Internacional da Muller.

Enhoraboa a todos/as os/as gañadores/as!
 

Poden ler os relatos en "Ler máis".

 

Mér, 19/04/2023

O Concello de Mesía aprobou o día 19/04/2023, por Decreto de Alcaldía núm. 137/2023, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2023 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

A dita convocatoria publicouse no BOP núm. 77, do 24/03/2023.

A axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase o 25 de abril  e finalizará o 31 de decembro de 2023. 

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Mér, 19/04/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre substituto da especialidade "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes " do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas