Noticias

Mar, 18/04/2023

O Concello de Mesía informa que a Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicou onte, 17.04.2023, a ORDE do 29 de marzo de 2023 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2023 e se procede á súa convocatoria. 

As actividades que se realizarán nos campamentos serán de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial. As diferentes actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro. 

Poderán solicitar a súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia nacidas entre o 2005 e o 2014, ambos inclusive, é dicir, de 9 a 17 anos. As persoas nacidas no ano 2014 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2005 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 17/04/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre substituto da especialidade "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes " do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 17/04/2023
PAI OS CAMIÑOS

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2023-2024:
- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).
- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"

Ven, 14/04/2023

O Concello de Mesía publica as puntuacións obtidas na entrevista polos/as participantes do proceso de selección de mestre substituto da especialidade "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes " do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo V.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 10/04/2023
XII TORNEO SOLIDARIO MESÍA CONTRA O CANCRO

Na Semana Santa voltaron os Torneos de fútbol sala e con eles a veciñanza, empresas, equipos e asociacións de Mesía amosaron a sua solidariedade.

O mercores 5 de abril no Torneo infantil as aportacións sumaron 720 € que entregamos a AMARAI tras un partido solidario. No Torneo participaron 10 equipos en 3 categorías: Jogafán Ordes, EDM Curtis e Visantoña CF.

O xoves 6 de abril xogouse o XII TORNEO SOLIDARIO MESÍA CONTRA O CANCRO organizado  tamén polo Concello de Mesía e ca la aportación de particulares, empresas colaboradoras, asociacións e equipos, máis o patrocinio de Ramon García, Erimsa  e Epifanio Campo SL; acadaron unha doazón a favor da AECC de 2.265€. No deportivo participaron 7 equipos: 1º Olas e Maruxas Nata Parrulo FS, 2ª Ekaté Ordes e Concello de Mesía, Mesía, Visantoña e Curtis.

Páxinas