Xa está aberto o prazo para inscribirse, de xeito gratuíto, na IV Carreira do Concello de Mesía, que se disputará o sábado 13 de setembro. Quen queiran participar terán que anotarse antes do 12 de setembro a mediodía no correo mjgrobas@hotmail.com. A carreira contará cunha proba xeral de 12 quilómetros de lonxitude e dunha minicarreira de seis quilómetros, ademais de probas específicas para categorías inferiores, con percorridos desde os 200 ata os 3.000 metros. Toda a información en 'ler máis'.
Xa está convocado o VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 1 de agosto, mediante un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es. Con categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non), a competición disputarase durante todo o mes nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata (Xanceda). Máis información en 'ler máis'.
O Concello de Mesía divulga diversas convocatorias de axudas autonómicas para a rehabilitación e mellora de vivendas e para o emprego. Trátase das axudas á rehabilitación de fachadas de vivendas con granito, á renovación de cubertas con tella cerámica e á renovación de cubertas de lousa, todas elas con prazo de solicitude ata o 31 de xullo ou agotamento de fondos. Tamén se convocaron os incentivos á afiliación á Seguridade Social de mulleres titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, á promoción do emprego autónomo de xóvenes menores de trinta anos, e á promoción en xeral do emprego autónomo. Nestes tres casos, o prazo de solicitude remata o 30 de setembro, con carácter xeral. Toda a información e o acceso ás convocatorias, en 'ler máis'.
Hoxe, durante a festa de fin de curso do CPI de Xanceda, entregáronse os premios do III Certame de Banda Deseñada, convocado polo centro educativo e polo Concello de Mesía. O alcalde, Mariano Iglesias, acudiu á entrega dos premios, con categorías de infantil, primaria e secundaria, ademais dunha mención especial e un premio extra para o máis votado no blog do concurso. Máis información en 'ler máis'.
O Concello de Mesía acaba de presentar a súa programación de actividades culturais e deportivas para o verán 2014. Inclúe escolas de verán e campus infantís, actividades e escolas para adultos, obradoiros específicos para a xuventude, varios eventos deportivos e diversas saídas lúdicas, entre elas o programa 'Imos á praia'. Boa parte da programación terá como epicentro a piscina municipal e o complexo deportivo adxacente, que abren este sábado 21 de xuño. As inscricións para as escolas de verán, que comezan o 7 de xullo, poden efectuarse ata o 30 de xuño. Toda a programación neste boletín. Ficha de inscrición.
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE DE BALDE NA IV CARREIRA DO CONCELLO DE MESÍA, QUE SE DISPUTARÁ O 13 DE SETEMBRO
Xa está aberto o prazo para inscribirse, de xeito gratuíto, na IV Carreira do Concello de Mesía, que se disputará o sábado 13 de setembro. Quen queiran participar terán que anotarse antes do 12 de setembro a mediodía no correo mjgrobas@hotmail.com. A carreira contará cunha proba xeral de 12 quilómetros de lonxitude e dunha minicarreira de seis quilómetros, ademais de probas específicas para categorías inferiores, con percorridos desde os 200 ata os 3.000 metros. Toda a información en 'ler máis'.
O VIII TORNEO DE TENIS DO CONCELLO DE MESÍA RECOLLE INSCRICIÓNS ATA O VENRES 1 DE AGOSTO
Xa está convocado o VIII Torneo de Tenis Concello de Mesía, patrocinado por Coca-Cola. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o venres 1 de agosto, mediante un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.es. Con categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non), a competición disputarase durante todo o mes nas pistas do complexo deportivo municipal da Mata (Xanceda). Máis información en 'ler máis'.
O CONCELLO DE MESÍA DIFUNDE VARIAS CONVOCATORIAS DE AXUDAS PARA REHABILITAR VIVENDAS E PARA O EMPREGO
O Concello de Mesía divulga diversas convocatorias de axudas autonómicas para a rehabilitación e mellora de vivendas e para o emprego. Trátase das axudas á rehabilitación de fachadas de vivendas con granito, á renovación de cubertas con tella cerámica e á renovación de cubertas de lousa, todas elas con prazo de solicitude ata o 31 de xullo ou agotamento de fondos. Tamén se convocaron os incentivos á afiliación á Seguridade Social de mulleres titulares ou cotitulares de explotacións agrarias, á promoción do emprego autónomo de xóvenes menores de trinta anos, e á promoción en xeral do emprego autónomo. Nestes tres casos, o prazo de solicitude remata o 30 de setembro, con carácter xeral. Toda a información e o acceso ás convocatorias, en 'ler máis'.
HOXE ENTREGÁRONSE OS PREMIOS DO CONCURSO ESCOLAR DE BANDA DESEÑADA NO CPI DE XANCEDA
Hoxe, durante a festa de fin de curso do CPI de Xanceda, entregáronse os premios do III Certame de Banda Deseñada, convocado polo centro educativo e polo Concello de Mesía. O alcalde, Mariano Iglesias, acudiu á entrega dos premios, con categorías de infantil, primaria e secundaria, ademais dunha mención especial e un premio extra para o máis votado no blog do concurso. Máis información en 'ler máis'.
O CONCELLO DE MESÍA PRESENTA A SÚA PROGRAMACIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS PARA O VERÁN 2014
O Concello de Mesía acaba de presentar a súa programación de actividades culturais e deportivas para o verán 2014. Inclúe escolas de verán e campus infantís, actividades e escolas para adultos, obradoiros específicos para a xuventude, varios eventos deportivos e diversas saídas lúdicas, entre elas o programa 'Imos á praia'. Boa parte da programación terá como epicentro a piscina municipal e o complexo deportivo adxacente, que abren este sábado 21 de xuño. As inscricións para as escolas de verán, que comezan o 7 de xullo, poden efectuarse ata o 30 de xuño. Toda a programación neste boletín.
Ficha de inscrición.
Páxinas