Noticias

Mar, 30/05/2023

O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C02E/2023.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 06/06/2023 ás 23.59 horas. 

Máis información en "Ler máis".

Mar, 23/05/2023
RUTA DE SENDEIRISMO SOBRADO DOS MONXES - Concello de Mesía

O domingo, 21 de maio, 43 persoas fixemos a terceira saída de sendeirismo do ano.

Foron uns 9 kms polo Camiño Espiritual de San Pedro de Mezonzo (Vilasantar - Sobrado).
Desde o Santuario da Nosa Señora da Laxe ata Sobrado dos Monxes.

Agradecemos a colaboración da Asociación A Raiña, como guías e como constructores desta bonita Ruta.

A próxima ruta derá o 25 de xuño pola COSTA de Sada a Mera (Oleiros, A Coruña). Despois descansaremos ata retomar en setembro.

Lun, 22/05/2023
ENCONTRO DE CACHIBOL EN VIGO - Concello de Mesia 2023

O sábado 20 de maio fixemos unha saída a Vigo para facer un encontro cos xogadores de cachibol da Asociación Xogara da cidade olívica. 

De Mesía fomos 5 equipos cun total de 20 xogadores e 10 acompañantes. Tras o encontro, xogos variados e comida, fomos pasear pola praia de Samil.

Foi un pracer retomar estas excursións do Cachibol tras estes anos raros de pandemia.

Lun, 15/05/2023
SAÍDAS AO BALNEARIO 2023

25 persoas do Concello de Mesía aproveitaron o Programa Deporte e Saúde nas catro saídas ao Balneario de Brión durante Abril e Maio.

O Concello subvencionou o autobús e parte das entradas para estas xornadas de saúde no Club Termal, que contou con piscinas de chorros, contracorrientes, camas de burbullas, jacuzzi, dúas saunas, un baño de vapor, ducha bitérmica e de aromas, escarcha de xeo aromatizada, sala de relax con mármores quentes, circuito circulatorio de piernas e zona de repouso.

Xov, 11/05/2023
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

A Deputación da Coruña abre o prazo para que inscribirse nos campamentos deportivos que a institución vai levar durante o verán.

Ao Concello de Mesía correspóndelle a 2ª quenda, do 9 ao 14 de xullo, e a Deputación Provincial da Coruña concedeunos 3 prazas.

As inscricións realizaranse no concello de empadroamento e estarán abertas ata o 7 de xuño.

Páxinas