Noticias

Xov, 23/04/2026

O Concello de Mesía informa de que, ao abeiro do establecido no artigo 8 da Lei 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia, convocou a través do seu Perfil do Contratante, aloxado na Plataforma de Contratación do Sector Público, concurso público para a adxudicación de dúas licenzas de taxi.

Os interesados poderán acceder á información deste concurso no seguinte enlace: EXPTE. C04-2026. CONCESION DÚAS LICENZAS TAXI. 

O prazo de presentación de solicitudes é ata o día 06/05/2026.

Máis información en "Ler máis".
 

Ven, 17/04/2026

Prazo para a presentación de solicitudes de preinscrición de prazas para o PAI "Os Camiños" para o curso 2026-2027:

- Nenos/as que xa estiveron  neste curso e queiran renovar a praza para o vindeiro curso, farase na primeira quincena de maio (do 1 ao 15 de maio, ambos inclusive).

- Nenos/as que acudan por primeira vez, o prazo de preinscrición para a nova matrícula será na primeira quincena de xuño (do 1 ao 15 de xuño, ambos inclusive).

Máis información en "Ler máis"
 

Mér, 08/04/2026

O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase o día 17 DE ABRIL do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para a entrega dos TÍTULOS DE PROPIEDADE da concentración parcelaria de Xanceda (Mesía).

Os propietarios que teñan o RECIBÍ CUBERTO do  mes de marzo non esquezan que DEBERÁN ENTREGALO para a retirada do título.

Os propietarios que non teñan o dito recibí, deberán achegar a seguinte DOCUMENTACION:
- PROPIETARIOS:  DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
- HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN.

A partir do 20 de abril os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición dos interesados en: SERVIZO DE INFRAESTRUTURAS AGRARIAS DA CORUNA. EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS EDIFICIO ADMINISTRATIVO MONELOS, BỦA DE VICENTE FERRER 2.6° ANDAR RUA DE VICENTE FERRER, 2-6° ANDAR.

Máis información chamando ao concello ao 981687001.

Ven, 13/03/2026

O Concello de Mesía informa que o persoal do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento territorial da Consellería de Medio Rural de A Coruña achegarase os días 23 e 24 DE MARZO do actual á Casa da Cultura (Xanceda) de 10 a 14 horas para cubrir o XUSTIFICANTE a entregar o día que proximamente se sinale para a retirada dos Titulos de Propiedade.

Para cubrir o dito xustificante deberán presentar a seguinte DOCUMENTACION:
 

- PROPIETARIOS:  DNI
- AUTORIZADOS: COPIAS DNI PROPIETARIO e AUTORIZADO, AUTORIZACIÓN ASINADA POLO PROPIETARIO
HERDEIROS: CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN, TESTAMENTO OU DECLARACIÓN DE HERDEIROS e PARTICION NOTARIAL DE HERDANZA DE SER O CASO
- COMPRADORES: ESCRITURA PÚBLICA DE ADQUISICIÓN DE PREDIOS DE SUSTITUCIÓN 

Máis información chamando ao concello ao 981687001.

Xov, 22/01/2026

O Concello de Mesía informa que no DOG núm. 12, do 20/01/2026, a Axencia Instituto Enerxético de Galicia vén de publicar axudas para a utilización de enerxías renovables e eficiencia enerxética  para particulares, empresas de produción agrícola primaria e empresas en xeral.

- Subvencións para proxectos de enerxías renovables de uso térmico no sector residencial. Prazo solicitudes: Do 09/02/2026 ao 13/03/2026.

- Subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria. Prazo solicitudes: Do 29/01/2026 ata o 02/03/2026

- Subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas. Prazo solicitudes: Do 30/01/2026 ao 15/09/2026

- Subvencións para para proxectos de enerxía fotovoltaica para empresas legalmente constituídas, autónomos e entidades sen ánimo de lucro. Prazo solicitudes: Do 28/01/2026 ata o 02/03/2026.

Máis información en "Ler máis".
 

Páxinas