Noticias

Lun, 25/10/2021


O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polo alumnado no proceso de selección do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo IV.

Máis información en "Ler máis".

Ven, 22/10/2021


O Concello de Mesía publica as puntuacións totais definitivas obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo IV.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 21/10/2021

O Concello de Mesía aprobou hoxe, 21/10/2021,  por Decreto de Alcaldía núm. 389/2021 as bases reguladoras das axudas do Concello de Mesía para a adquisición de equipamentos informáticos para o alumnado durante o curso 2021/2022 coa finalidade de incrementar o número de fogares con recursos tecnolóxicos axeitados ante a necesidade, cada vez maior, para poder levar a cabo nos casos necesarios unha educación semipresencial ou a distancia e así promover o benestar social, contribuíndo a paliar os efectos da crise sanitaria provocada pola COVID-19, as diferenzas sociais, os riscos de exclusión e, en definitiva, favorecendo e garantindo a integración dos nenos e das nenas no sistema educativo.


As axudas están dirixidas ao alumnado que resida no concello e que estude educación primaria, secundaria, bacharelato, ciclos de formación profesional ou universitarios en centros públicos ou concertados no curso 2021-2022.

contía para atender as solicitudes é de 6.000,00 € con cargo ao orzamento municipal correspondente ao ano 2021.

O prazo de solicitude destas axudas iniciarase a partir do día seguinte ao de publicación no Boletín Oficial da Provincia da convocatoria específica de axudas do concello e finalizará o día 25/11/2021.

As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Mesía ou dalgunha outra forma establecida no artigo 164 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Máis información en "Ler máis".
 

Mér, 20/10/2021
OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO-RIO SAMO IV


O Concello de Mesía publica as puntuacións provisinais totais obtidas polos/as participantes do proceso de selección do alumnado do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo IV.

Máis información en "Ler máis".

Mar, 19/10/2021
OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO-RIO SAMO IV


O Concello de Mesía publica as puntuacións provisinais totais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de persoal directivo, mestres especialidades, titor e administrativo do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo IV.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas