Noticias

Ven, 17/09/2021
OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO IV

A CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE, DA XUNTA DE GALICIA ACABA DE CONCEDER AO CONCELLO DE ORDES, FRADES E MESÍA UN NOVO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO DENOMINADO: “BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO IV”.

Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes xunto cos Concellos de Frades e Mesía.

Será un obradoiro dual cun contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses e no que se poderá optar a un contrato ao final do obradoiro nunha empresa do sector forestal, de tres meses máis.

As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. Nivel 1.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas. Nivel 2.

Todas aquelas persoas interesadas en participar na selección tanto como persoal directivo, docente e de apoio ou como alumnado-traballador deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia e ter solicitado neste último caso os obradoiros duais de emprego, tendo como data límite ata o venres día 24 de setembro de 2021. O prazo xa estivo aberto durante todo o ano.

AVISO MOI IMPORTANTE DADA A SITUACIÓN OCASIONADA POLA PANDEMIA DO COVID-19: PARA PODER ACUDIR Á OFICINA DE EMPREGO  DE ORDES DEBERÁN PEDIR CITA PREVIA A TRAVÉS DE CALQUERA DE ESTOS MEDIOS:
- NOS NÚMEROS DE TELÉFONO: 012 ou calquera teléfono da oficina de emprego de Ordes(881 960 455/456/457).
-  A TRAVÉS DA PÁXINA WEB: http://emprego.xunta.gal
- A TRAVÉS DA APLICACIÓN : MOBEM.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001.

Dom, 22/08/2021
CAMIÑO  DE SANTIAGO POR ETAPAS - CAMIÑO INGLÉS

Ampliamos o prazo de inscrición ata este mércores 25 de agosto. Chamando ao concello.

CARACTERÍSTICAS: Faremos en 6 ou 7 etapas o percorrido do Camiño Inglés desde Neda ata Santiago; cunha media de 15 quilómetros ao día (durante a mañán,  voltamos para comer).

1ª ETAPA: domingo 29 de agosto

     HORARIO: Saída do bus ás 8:00h. na praza do Concello (Xanceda).

     Iremos propoñendo varios domingos alternos de SETEMBRO -  OUTUBRO - NOVEMBRO.

     PREZO 5 € por etapa, a pagar o día da ruta. (Inclúe bus e guía).

Ven, 13/08/2021

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia publicou hoxe, 13.08.2021, no DOG núm. 155, a ORDE do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de conducir de clase B e de 650 euros para o permiso de clase C.

Poderán solicitar estas axudas as persoas que teñan cumpridos os 18 anos, que estean empadroadas cunha antigüidade mínima dun ano na Comunidade Autónoma de Galicia, que estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil e que estean matriculadas nunha autoescola no momento de presentar a solicitude ou ben ter os/as permiso/s para o/os cales se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2021 e a data de presentación da solicitude da axuda.

O prazo de presentación da solicitude estará aberto ata o 13.09.2021.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (Procedemento BS321A).

Máis información en "Ler máis".

Xov, 12/08/2021


O Concello de Mesía informa de que, o 09.08.2021, a Consellería de Política Social publicou no DOG núm. 151 a Orde do 27 de xullo de 2021 pola que se establecen as axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Coidado e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

Concederanse axudas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata 12 anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro do 2021, de carácter puntural ou durante os períodos de vacacións escolares.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (Procedemento BS412A) na sede electrónica da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal

O prazo de presentación das solicitudes finalizará o 30.09.2021 ou ata o esgotamento de crédito dispoñible.

Máis información en "Ler máis".
 

Mar, 20/07/2021
ANDAINA SOLIDARIA CONCELLO DE MESÍA 2021

Carrera Online Solidaria   -   La carrera que nunca para: kms de vida por la investigación

O Concello de Mesía organiza a súa Primeira andaina solidaria xunto coa asociación Asotrame  co fin de recadar fondos para loitar contra o cancro de médula. Será este sábado 24 de xullo ás doce da mañá, cun percorrido circular de 3.3 quilómetros que sairá da Piscina de Xanceda ata a Praza do concello e volta as piscinas.  Pregamos acudir as 11:30 h para organizar os grupos de saida escalonada.

Páxinas