Noticias

Lun, 31/08/2015
Festa da Auga

O Concello de Mesía celebrou hoxe o remate das súas actividades municipais de verán cunha exitosa Festa da Auga. As actividades reuniron máis de 100 persoas, a maior parte nenos e nenas. Os principais entretementos foron os inchables e os xogos de auga, que remataron cunha festa da espuma. As actividades contaron cunha elevada participación. Nos vindeiros días, o Concello presentará a súa programación para o curso 2015-2016.

Lun, 31/08/2015
Final do Torneo de Tenis

Esta mañá xogáronse as finais do Torneo de Tenis Concello de Mesía 2015. Mateo Fernández venceu na categoría masculina, María Seoane na feminina e en dobles Alex-Manuel. Rematou así unha competición que se desenvolveu durante todo o mes de agosto e que este ano recuperou as tres categorías, cun total de 23 xogadores e xogadoras. Contou co patrocinio de Coca-Cola. Imaxes aquí.

Mar, 18/08/2015
Respira Mesía

O programa de conciliación laboral e familiar 'Respira Mesía', programado polo Concello durante a primeira quincena de agosto, tivo vinte nenos e nenas participantes. Consistiu nun campamento de temática ambiental con actividades de reciclaxe, reutilización e xogos na natureza. Galería de fotos en 'ler máis'.

Mér, 05/08/2015

O Concello de Mesía publica as normas e o cadro de competición do seu IX Torneo de Tenis. Este ano recupera as tres categorías (masculina, feminina e dobles), sumando un total de 23 xogadores: 11 na masculina, 4 na feminina e 8 en dobles. As distintas fases de xogo iranse disputando durante as vindeiras semanas no horario que máis se axeite ás posibilidades dos participantes. As finais está programadas para o sábado 29 de agosto, ás 9:30 horas a masculina, ás 10:30 horas a feminina e ás 12 horas a de dobles. Os gañadores recibirán un trofeo. Coca-Cola patrocina o Torneo, poñendo á disposición dos competidores bebidas en todos os partidos. Pode acceder ao documento das normas e do cadro de competición.

Dom, 02/08/2015
Carreira

Ricardo Álvarez e Eva Isabel Babiano foron os gañadores da Carreira do Concello de Mesía celebrada hoxe, con 12 quilómetros de distancia e un deseño técnico moi esixente. O podio masculino completouse con José Suárez e Constante Lorenzo, e o feminino con Susana Rial e Sonia Botana. Na MiniCarreira, de seis quilómetros, o gañador foi Amador Pena e a primeira clasificada Belén Bascoy. A clasificación pode obterse completa facendo clic aquí, incluíndo as categorías por idades. E tamén se pode acceder á galería de fotos por cortesía de Lucía Doval. O Concello de Mesía agradece a participación dos corredores e corredoras e tamén as colaboracións e patrocinios que fixeron posible esta nova edición da Carreira.

Páxinas