Noticias

Mér, 28/01/2015

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de aprobación definitiva dos orzamentos do Concello de Mesía para 2015. O orzamento xeral municipal e o plantel de persoal foron aprobados inicialmente polo pleno da corporación na sesión celebrada o pasado 31 de decembro. Foron expostos ao público e non recibiron ningunha reclamación, o que fai que se consideren definitivamente aprobados. Máis información en 'ler máis'.

Mar, 27/01/2015
Parcela Punto Limpo

Os alcaldes de Mesía e de Frades acompañaron hoxe á delegada provincial da Xunta a súa visita á parcela onde se construirá o punto limpo común para os dous municipios. A obra executarase en Céltigos, nunha zona próxima a Boado. O goberno autonómico investirá 320.000 euros neste proxecto. As obras xa foron licitadas e teñen un prazo de execución de catro meses.

Mar, 27/01/2015

O Concello de Mesía informa de que desde hoxe martes 27 de xaneiro poden solicitarse as axudas do INEGA para a implantación de caldeiras de biomasa, cofinanciadas co FEADER. A convocatoria foi publicada onte no Diario Oficial de Galicia e está especialmente dirixida ás vivendas do ámbito rural e á industria. Este ano introdúcese a novidade dunha dedución do 5 % na declaración da renda. Os apoios poden chegar ata o 75 % do custo do proxecto, cun tope de 200.000 euros. Máis información en 'ler máis'.

Ven, 23/01/2015

O Concello de Mesía informa de que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de subvencións de Medio Rural para a incorporación de xóvenes á actividade agraria. As axudas están cofinanciadas con fondos Feader nun 75 %. O prazo de solicitudes é dun mes contado a partir de mañá.

Ven, 23/01/2015

O curso de monitoraxe de tempo libre que comezará en febreiro aínda ten prazas dispoñibles. As persoas interesadas en participar aínda se poden anotar na Casa da Cultura. As clases terán lugar durante as fins de semana de dous meses. O curso está composto por 200 horas teóricas e 150 horas prácticas.

Páxinas