Noticias

Mar, 10/06/2025
CALENDARIO Verán 2025 - Concello de Mesía

Temos programadas actividades diversas para todas as idades: campamento de concicliación para crianzas e rapazada, escolas deportivas de verán e actividades físicas para xuventude-adultos-maiores, formación dixital, saídas a praia ao aquapark, multiaventura e de sendeirismo. Gozaremos de actuacións variadas e dos eventos deportivos III Andaina Popular e Torneo de fútbol interparroquial, e como non,  a festa da auga.

Adxuntamos a Folla de inscrición imprescindible para anotarse.

Xov, 22/05/2025

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020.

O Concello de Mesía recibiu unha axuda económica cofinanciada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) para a execución do proxecto denominado "Mellora da Pista de Pereiruga a Arosa (Xanceda)"  co fin de continuar cos traballos de acceso a parcelas agrícolas, obras encamiñadas á mellora da rede viaria existente no medio rural, facilitando así a accesibilidade e vertebración do territorio e contribuíndo ao aumento da competitividade agraria e forestal,xa que facilitan o tránsito de maquinaria ás explotacións agrarias, o que redunda nunha maior axilidade das operacións agrarias e nunha redución de custos e dos tempos necesarios para poñer os produtos no mercado. e para a redacción dun "Estudo Integral da Rede Viaria Municipal" co fin optimizar os recursos públicos de cara a un desenvolvemento ordenado da rede viaria municipal, e, a partir dunha análise da rede existente, poder priorizar aquelas intervencións relacionadas coa ampliación, mellora e/ou mantemento da rede viaria existente, co fin de facilitar o tránsito de insumos e/ou de produtos entre as explotacións agrograndeiras e os mercados, reducir os custos de explotación, así como minimizar os desprazamentos e mellorar as condicións de vida da poboación rural.

Mér, 21/05/2025


O Concello de Mesía informa de que está publicada na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para a "Explotación do bar cafetería da piscina municipal", expediente C 04/2025.

O prazo para a presentación de propostas remata o día 03/06/2025 ás 23.59 horas. 

Máis información en "Ler máis"
 

Mar, 13/05/2025



O Concello de Mesía publica, por solicitude das alumnas de 3º da ESO do CPI de Xanceda, o seu proxecto sobre a cultura mediambiental relativa aos coches, realizado en materia de cultura financeira.


Pódese ver o dito proxecto en "Ler máis".

Ven, 25/04/2025

O Concello de Mesía aprobou o día 29/04/2024, por Decreto de Alcaldía núm. 139/2025, as bases reguladoras das axudas por nacemento de fillo/a, adopción e/ou acollemento durante o ano 2025 coa finalidade proporcionar apoio económico a aquelas familias na que se produza o nacemento, adopción ou acollemento dun novo membro da unidade familiar.

axuda consistirá no pagamento único de 300,00 € por cada nacemento, adopción ou acollemento.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 02/05/2025 e finalizará o 31/12/2025.

As solicitudes presentaranse nas oficinas municipais, sen prexuízo do que dispón o artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas