Noticias

Ven, 07/05/2021
LETRAS GALEGAS NO CONCELLO DE MESÍA

A próxima semana comezamos cas actividades das Letras galegas 2021:

ACTUACIÓNS NAS ESCOLAS

"OS CONTOS DA BRUXA CHISPÚN".

"ORELLA PENDELLA".

OBRA XELA ARIAS: Obradoiro co libro "PALABRA Á INTEMPERIE"  (BAíA EDICIÓNS).

PROXECCIÓN AO AIRE LIBRE da película "A GALIÑA TURULECA":  o 21 maio ás 21:30 na  Praza de Cabrui. Inscricións ata o 20 maio ata as 14 h. por WASAP ao Tlf. 699 453 750.

Ven, 30/04/2021
XORNAL DEPORTIVO MESÍA: Nº2 ABRIL 2021 - Concello de Mesia

O Concello de Mesía comeza con esta nova forma de comunicación do deporte no concello para tod@s.

Podedes acceder directamente en DESTACADOS desta WEB, ou clicando aquí. Tamén deixamos o XD MESÍA en formato documento adxuntado ao final desta nova.

O segundo número do noso XD MESÍA contén:

- COÑECENDO A VECIÑANZA DEPORTISTA: Entrevista a iudoca Tania López López.

- MÓVETE MESÍA: Presentación do 2º Circuíto Saudable e agasallo por facer deporte no concello.

- DEPORTE: Saída a ruta en Sigüeiro, e actualización da nosa ruta de sendeirismo PG-R 117.

- ARTIGOS: Obxectivos de desenvolvemento sostible: mes da sáude.

Xov, 29/04/2021
DOA SANGUE MESÍA

A UNIDADE MÓBIL estará na tarde do xoves 6 de maio DIANTE DO BAR "QUIQUE" de 16:00 a 21:00 horas.

É desexable solicitar CITA PREVIA para doar no teléfono gratuíto 900 100 828.

Lun, 19/04/2021
DÍA DO LIBRO - Concello de Mesía 2021

O 23 de ABRIL é o DÍA DO LIBRO. Dende o CONCELLO de MESÍA queremos celebralo con toda a veciñanza.

Agasallaremos cun libro polas vosas visitas nese día. CÓMO? Acude á Biblioteca Municipal e comproba:

            * Se tes carné da biblioteca, senón podes aproveitar para facelo.

            * Se xa  tes carné,  revisa as novidades ou dinos que che gustaría ler  (se non hai o título que che interesa,  terémolo nuns días).

            *Se non estades no programa de GaliciaLe, poderemos incluirvos rapidamente (unha vez rexistrado/a, e coas túas claves, xa podes acceder ao préstamo de obras en formato electrónico en galego ou en castelá).

Teredes coma agasallo un libro para ler. Así que facede un oco nas vosas axendas que vos esperamos cun feixe de libros, para todas as idades, para celebrar este día tan especial!!

Biblioteca Municipal 981687241

Mér, 14/04/2021

O Concello de Mesía informa de que a Axencia do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 68, do 13.04.2021, a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021.


Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación: Bono mellora envolvente, bono mellora iluminación, bono mellora instalacións eléctricas, bono mellora equipamento, bono mellora climatización e bono inmótica.

Serán subvencionables os gastos e os investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2021. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30.06.2021.

Máis información en "Ler máis"

Páxinas