Noticias

Mér, 14/04/2021

O Concello de Mesía informa de que a Axencia do Instituto Enerxético de Galicia da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 68, do 13.04.2021, a RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes con actividade de comercio, hostalaría ou artístico-recreativas (programa Bono enerxía peme), anualidade 2021.


Son proxectos subvencionables os investimentos en equipamentos consumidores de enerxía ou elementos que contribúan a unha xestión enerxética eficiente incluídos nas seguintes tipoloxías de actuación: Bono mellora envolvente, bono mellora iluminación, bono mellora instalacións eléctricas, bono mellora equipamento, bono mellora climatización e bono inmótica.

Serán subvencionables os gastos e os investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2021. O investimento mínimo para que as actuacións sexan subvencionables debe ser de 1.000 euros por solicitude, sen incluír o IVE.

A contía da subvención será do 80 % do custo elixible da actuación. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima de 6.000 euros por solicitude.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30.06.2021.

Máis información en "Ler máis"

Mér, 14/04/2021

O Concello de Mesía informa de que o Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou, no DOG núm.  68, do 13.04.2021, a Resolución do 29 de maroz de 2021 oiola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, e se establece a súa convocatoria para o ano 2021.

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos de conformidade cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia sensibilizando e fomentando a colaboración cidadá para realizar diversas actuacións que eviten deteriorar o carácter ou a calidade da paisaxe de Galicia.

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 €.

O prazo de presentación de solicitudes comeza hoxe 14.04.2021 e remata o 31.05.2021 ou ata que se esgote o orzamento da convocatoria.

Máis información en "Ler máis".

Lun, 12/04/2021
CURSO DE TABLETS PARA ADULTOS - Concello de Mesía 2021

Propoñemos este CURSO gratuito de alfabetización dixital, para poder integrarse no manexo das TICs, dirixido a persoas adultas sen coñecemento dixital, prioridade maiores de 65 anos.

Lugar: Locais onde se reúna xente para facer grupo.

O Concello aportará as tablets. Colabora a Deputación da Coruña

Inscricións no teléfono: 699 453 750

Mér, 31/03/2021
CAMPAMENTO  XOECON SEMANA SANTA CONCELLO DE MESÍA 2021

Ven de rematar o noso campa de semana santa 2021 que fixemos con 26 nenos/as nas Instalacións das Brañas de Visantoña (aula de natureza, local social e campo fútbol) os días  29, 30 e 31 de marzo.

Repartímonos en grupos por idades de nenos escolarizados ata 6º Primaria.

As actividades orientadas a Pascua foron: Taller de pintura, deportes, ruta, xogos, conta contos e ximkana final de búsqueda dos ovos de pascua.

Lun, 29/03/2021
RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA AOS MUIÑOS PR-G 117

O Concello de Mesía ven de actualizar o percorrido da Ruta homologada dos muiños, deixandoa preparada para desfrutar tras a renovación e pintado de balizas e paneis indicadores da PR-G 117.

Nas imaxes podedes ver, tamén, a visita que fixeron con nos o alumnado de secundaria do CPI DE XANCEDA, percorrendo os 13,5 kms de andaina en varios grupos o 25 e 26 de marzo.

Páxinas