Noticias

Lun, 22/03/2021
NOVAS DE PRIMAVERA 2021 - Concello de Mesía

O Concello de Mesía presenta as novas actividades, saídas e avisos para a primavera 2021:

- Estudantado: achegas de máscarillas e préstamo de ordenadores e impresoras.

- Infancia: Campamento Xoecon Semana Santa e Prazos de presentación de solicitudes para o Punto de Atención a Infancia.

- Xuventude: Voluntariado xuvenil  e saídas

- Saídas de sendeirismo en abril e maio.

- Ximnasia en liña.

- Formación para adultos e maiores: curso de alfabetixación dixital.

- Información de Recollida residuos voluminosos

Ademáis temos algún aviso  de Servizos sociais e máis as obras previstas a realizar no 2021.

Lembrade anotarvos nos tempos marcados para cada actividade, que as prazas voan!

Lun, 22/03/2021

O Concello de Mesía informa de que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) da Xunta de Galicia publicou no DOG núm. 54 do 22.03.2021 a Resolución do 05.03.2021 pola que se convocan, polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible previsto, distintas LIÑAS DE SUBVENCIÓNS para actuacións de rehabilitación dirixidas a persoas físicas, entre outros beneficiarios, para o ano 2021:

- Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas
,  que se tramitará co código de procedemento VI422E. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 22.04.2021 ou ata esgotamento de crédito.

- Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural, correspondente ás áreas de rehabilitación integral (ARI) de Camiños de Santiago
, que se tramitará co código de procedemento VI408H. O prazo de presentación das solicitudes de subvención rematará o 30.09.2021 ou ata esgotamento de crédito.

Máis información en "Ler máis".

Xov, 18/03/2021
CAMPAMENTO  XOECON SEMANA SANTA CONCELLO DE MESÍA 2021

Aberto o prazo de INSCRICIÓN para o Campamento: ata o mércores 24 de marzo. Actividade gratuita.

Prazas Limitadas por orde de inscrición.

   - Cubrir a folla de inscrición, que atoparedes entrando nesta nova.

   - Enviala ao mail casadacultura@concellodemesia.gal.

   - Venres 26 de marzo informámosvos do listado definitivo do campamento.

Dom, 07/03/2021
8MMESIA - CONCELLO DE MESIA 2021

Para conmemorar o DÍA DA MULLER, o Concello de Mesía realizará diversas actividades:

VOTACIÓNS DURANTE O DÍA _8M_ DO CONCURSO:"FÓRMULAS PARA ACADAR A IGUALDADE".

VIDEO das fotos da campaña do ano pasado, “RETRÁTATE POLOS COIDADOS”.

Nos colexios: obradorio e xincana.

Lun, 01/03/2021
Rutas de Transporte Público

Logo do proceso de planificación e licitación dos servizos de transporte público de viaxeiros que se levou a cabo pola Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, informase dos novos horarios que afectan ao concello de Mesía.

Podes consultar horarios e servizos das novas empresas nas fichas informativas que acompañan a nova.

Páxinas