Noticias

Ven, 26/02/2021
CONCURSO "FÓRMULAS PARA ACADAR A IGUALDADE"- Concello de Mesía 2021

En Mesía seguimos Tecendo Igualdade e gustaríanos saber cales son as vosas fórmulas para acadar a igualdade.

Este concurso quere valorar as fórmulas que máis ME GUSTA  reciban tras  publicalas no noso facebook o día 8 de marzo.

CLICA en LER MÁIS para saber as BASES DO CONCURSO.

Xov, 25/02/2021
ACTIVIDADE DE  “TEMPO FÓRA”  PARA MAIORES DESDE A CASA - Concello de Mesía 2021

Despois de varias visitas os domicilios dos participantes para deixarlles actividades de entretemento queremos amosarvos que non estamos parados/as!!!!! a actividade está presente doutro xeito, velaí vai o vídeo a nosa xente traballando na casa arreo para non perder a costume, distraerse e manterse activos/as para fortalecer e rehabilitar a memoria. 

CLICA AQUI PARA VER O VÍDEO

Agardamos estar de volta moi pronto xa que a xente bota de menos a actividade presencial, a socialización cos/cas veciños/as é moi importante.

Moito ánimo para todos/as e como di o refrán: “Nunca choveu que non escampara”

Temos libriños de actividades para quen estea interesado/a: podedes solicitalos no concello ou no Teléfono: 699 453750.

Mar, 23/02/2021
Parque eólico Legre

Consultas para a elaboración do documento de alcance do estudo de impacto ambiental do Proxecto Eólico Legre cunha potencia de 37,95 MW ubicado entre os termos municipais de Mesía e Oza-Cesuras e a súa infraestrutura de evacución.

O parque eólico Legre constará de 7 aéroxeradores Siemens Gamesa 6.0-170 de hasta 6 MW de potencia nominal unitaria, con una potencia de total instalada de 37,95 MW, Altura de buxa: 115 m e Diámetro de rotor: 170m

Mar, 23/02/2021
AGASALLO MÓVETE MESÍA - Concello de Mesía

O CONCELLO DE MESÍA entregará unha mochila multifuncional de agasallo "MÓVETE MESÍA" a cada participante nesta promoción da actividade física e deportiva, que tan necesaria se fai nestes tempos.

Os pasos que debedes seguir son:

1) Envía unha imaxe facendo algunha actividades física ou deporte; especificando o nome, lugar e data: pode ser nas actividades municipais (en liña na actualidade), ou en calquera das instalacións deportivas municipais, ou identificando outro lugar onde o fagades (sempre que estea dentro do concello).

2) Envía ao mail: actividades@concellodemesia.gal

3) Mira a imaxe publicada no Facebook Deporte Concello Mesia

4) Achégate a Casa da Cultura polo agasallo.

Lun, 15/02/2021
PORTADA DO XORNAL DEPORTIVO MESÍA: Nº1 FEBREIRO 2021 (Concello de Mesía)

O Concello de Mesía comeza con esta nova forma de comunicación do deporte no concello para tod@s.

Podedes acceder directamente en DESTACADOS desta WEB, ou clicando aquí. Tamén deixamos en formato documento adxuntado ao final desta nova.

O primeiro número do noso XD MESÍA contén:

- COÑECENDO A VECIÑANZA DEPORTISTA: Entrevista a o piloto Santiago García de Mesía.

- MÓVETE MESÍA: Presentación do 1º circuíto saudable.

- DEPORTE: Agasallo por facer deporte no concello.

- ARTIGOS DE OPINIÓN: "O deporte, cuarto alicerce na estratexia de Saúde Pública para combater A COVID-19".

Páxinas