Noticias

Xov, 03/12/2020
XOGANDO MESIA EN LIÑA 25 N 2020

Mostramos a programación realizada polo Concello de Mesía con motivo do 25N, día contra a violencia de xénero. 

- Adhesión a campaña da Deputación  da Coruña De FRONTE á Violencia de xénero.

- Fixemos unha xuntanza de xogos para nenos e rapaces en liña o venres 20 de novembro (con 2 grupos separados: infantil e primaria.).

- Tamén elaboramos un cartel  de rexeitamento á violencia de Xénero, sustituindo a manifestación: incluimos as vosas  “mirada” DE FRONTE" ´a violencia de xénero cos vosos ollos.

Mér, 02/12/2020


Con data de hoxe, 02/12/2020, publícase a puntuación total provisional do proceso selectivo para a contratación do alumnado-traballador do obradoiro de emprego dual "Brañas do Illó-Río Samo III" nas especialidades de "Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas" (nivel 2) e de "Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes" (nivel 1).

Todos/as os/as interesados/as teñen un prazo de dous días hábiles, a contar a partir da data desta publicación, para a presentación de reclamacións. Estas presentarase no Rexistro do Concello de Ordes e dirixidas ao Grupo de Traballo Municipal (Comisión de selección). Se non houbera reclamacións o listado de puntuacións provisionais elevarase a definitivo.

O/A candidato/a seleccionado/a será chamado/a pola entidade promotora, o Concello de Ordes, para proceder á súa contratación.

Para ver as puntuacións totais provisionais, pulsar en "Ler máis".

Mér, 02/12/2020

Con data de hoxe, 02/12/2020, publícase a puntuación total provisional do proceso selectivo para a contratación do persoal directivo, docente e de apoio do obradoiro de emprego dual "Brañas do Illó-Río Samo III".

Todos/as os/as interesados/as teñen un prazo de dous días hábiles, a contar a partir da data desta publicación, para a presentaicón de reclamacións. Estas presentarase no Rexistro do Concello de Ordes e dirixidas ao Grupo de Traballo Municipal (Comisión de selección). Se non houbera reclamacións o listado de puntuacións provisionais elevarase a definitivo.

Para ver as puntuacións totais provisionais, pulsar en "Ler máis".

Dom, 29/11/2020
MOVETE MESIA EN LIÑA_5º SEMANA

Aproveitade este espacio dixital para movervos pola vosa saúde! Sen sair da casa...

Xa temos funcionando dende hai una mes os grupos de Ximnasia de mantemento 21:30 h, e o de maiores as 11:00 h.

Unha media de 40 persoas están movéndose con nós cada semana. Podedes inscribirvos gratuitamente avisando no teléfono no 699 453 750.

Ven, 27/11/2020
CAMPAÑA MERCA MESIA - Concello de Mesia

Presentamosvos a campaña MercaMesia que nace ca intención de revitalizar o comercio no noso concello a vez que premiamos a xente que elixa mercar en Mesía no Nadal.

Se eres dono dun establecemento (comercio, bar, restaurante, tenda, perruquería, etc) e queres repartir sorte para a túa clientela, anotate na campaña MercaMesía chamando o concello 981687001. Tes ata o 3 de decembro para adherirte a campaña.

Podedes consultar as Bases da Campaña nos arquivos anexos:

Páxinas