Noticias

Lun, 29/12/2014

Un total de 110 persoas, entre nenos, adolescentes e adultos, participaron hoxe na saída de patinaxe sobre xeo e cine á Coruña, organizada polo Concello de Mesía. A mañá aproveitárona na pista de patinaxe. Despois de xantar, foi o momento da relaxación vendo unha película durante a tarde.

Dom, 28/12/2014

O torneo solidario de fútbol sala 'Mesía contra o cancro', que se celebrou hoxe, conseguiu recadar 2.777 euros en favor da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña. A súa presidenta, Elena Viturro, recolleu as doazóns de equipos, particulares, asociacións e empresas ao remate da xornada, na que o equipo 'Castro' gañou a competición masculina e 'As Trouts' a feminina.

Ven, 26/12/2014

Novidade: Grazas ás empresas colaboradoras, haberá tres sorteos na rifa en vez do único previsto inicialmente.

Para seguir o evento nas redes sociais:
https://www.facebook.com/events/670966096353954/?ref=22

Lun, 22/12/2014

O Salón de Ocio Infantil e Xuvenil Xuvenlugo 2014 recibiu hoxe a visita de Mesía. Máis de cen persoas -entre nenos e nenas, pais e nais e outras persoas acompañantes- participaron na saída organizada polo Concello dentro do programa municipal de actividades de Nadal.

Dom, 21/12/2014

Preto de cen veciños e veciñas participaron hoxe na Xuntanza do Nadal organizada polo Concello de Mesía nun restaurante de Malpica. Tras un xantar con receitas propias das festas que están a punto de comezar, houbo tempo para o baile, a conversa e a diversión. Cada persoa asistente pagou 25 euros por acudir a esta actividade.

Páxinas