Noticias

Ven, 13/03/2015

O Concello de Mesía informa sobre a convocatoria, hoxe no Diario Oficial de Galicia, de axudas da Xunta para renovar cubertas de vivendas con tella cerámica e para a rehabilitación con granito das fachadas de edificacións de vivenda.

Ven, 27/02/2015
Curso de Informática

O curso de informática básica do Concello de Mesía continuará durante o mes de marzo por petición do alumnado. Despois das sesións impartidas en febreiro, solicitaron continuar, á vista dos progresos acadados nestas semanas e a posibilidade de profundizar neles nas vindeiras.

Ven, 20/02/2015

O Concello de Mesía convoca as axudas por nacemento de fillos ou fillas, adopcións e acollementos producidos durante o ano 2015. A axuda ten unha contía de 300 euros por cada nacemento, adopción ou acollemento, en pagamento único. É compatible con calquera outra establecida polas demais administracións públicas. As bases poden consultarse premendo aquí.

Sáb, 14/02/2015
Entroido

O Concello de Mesía celebrou hoxe a súa Festa de Entroido 2015. Acudiron numerosas persoas disfrazadas e ademais os máis pequenos puideron divertirse en atraccións como o futbolín humano, o touro mecánico, o circuíto de bicis, os xogos inchables e varios obradoiros. Imaxes na noticia ampliada, clicando en 'ler máis'.

Mér, 28/01/2015

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe o anuncio de aprobación definitiva dos orzamentos do Concello de Mesía para 2015. O orzamento xeral municipal e o plantel de persoal foron aprobados inicialmente polo pleno da corporación na sesión celebrada o pasado 31 de decembro. Foron expostos ao público e non recibiron ningunha reclamación, o que fai que se consideren definitivamente aprobados. Máis información en 'ler máis'.

Páxinas