14 de novembro día mundial da diabetes, achegámosvos a pancarta e video que nos fixo chegar un nai, veciña do concello, que coñece de primeira man o que é esta enfermidade a través do seu fillo.
Dárlle visibilidade a enfermidade e ánimo a quen a padece é a nosa intención.
Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero.
O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.
As especialidades que se impartirán son: - Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. - Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.
Todas aquelas persoas interesadas deberán anotarse, na Oficina de Emprego de Ordes, para participar no dito obradoiro de emprego como data límite o 13.11.2020, inclusive. Acórdense de pedir cita previa.
Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.
Máis información en “Ler máis…” ou chamando ao concello ao 981687001.
Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!!
Este ano foi moi diferente en moitos sentidos e tamén duro; e o vindeiro querémolo encher de cores e debuxos. Queremos que vós, os nen@s e rapazada pintedes o futuro, o ano 2021. Axudádesnos???
Aquí tedes o cartel e as bases para achegarnos debuxos que elixiremos para imprimir os calendarios do ano próximo.
Noticias
14 DE NOVEMBRO DÍA MUNDIAL DA DIABETES
14 de novembro día mundial da diabetes, achegámosvos a pancarta e video que nos fixo chegar un nai, veciña do concello, que coñece de primeira man o que é esta enfermidade a través do seu fillo.
Dárlle visibilidade a enfermidade e ánimo a quen a padece é a nosa intención.
Pincha para ver o video aquí.
ENVIANOS FOTO DOS TEUS OLLOS "PARA MIRAR DE FRONTE A VIOLENCIA"
Xa que este ano non podemos xuntarnos para facer manifestación polo 25N, queremos encher cas VOSAS MIRADAS o cartel para publicar ese día con motivo da loita contra a violencia de xénero.
Meterémolas ata o 23 de Novembro nese espazo.
Enviar as fotografías a: casadacultura@concellodemesia.gal (nós poñerémoslle o voso nome enriba).
OBRADOIRO DE EMPREGO DUAL BRAÑAS DO ILLÓ-RÍO SAMO III
O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo III. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes e nel colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Será un obradoiro dual pois combinará un contrato de formación e aprendizaxe durante nove meses cun contrato en prácticas, de cómo mínimo tres meses máis.
As especialidades que se impartirán son:
- Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.
- Repoboacións forestais e tratamentos silvícolas.
Os destinatarios serán persoas maiores de 18 anos desempregadas e inscritas no Servizo Público de Emprego, que carezcan de ocupación remunerada e estean disponibles para o emprego, sempre que poidan subscribir contrato de formación durante toda a duración do obradoiro.
Todas aquelas persoas interesadas deberán anotarse, na Oficina de Emprego de Ordes, para participar no dito obradoiro de emprego como data límite o 13.11.2020, inclusive. Acórdense de pedir cita previa.
Este aviso é tanto para alumnado como para persoal directivo, docente e de apoio.
Máis información en “Ler máis…” ou chamando ao concello ao 981687001.
HORARIOS DA 2ª SEMANA DE ACTIVIDADES FÍSICAS EN LIÑA: ANIMÁDEVOS!
Lembrade que estamos facendo algún grupo xa de actividades físicas en liña xa que están suspendidas as presenciais: aquí tedes os horarios da 2ª semana para facer desde a casa!!
Pinchando aquí tedes toda a información.
¿Cómo insribirvos? Avisando por teléfono no 699 453 750. Faremos listaxes por actividades e mandaremos o enlace para cada grupo.
ACTIVIDADE GRATUITA
PINTEMOS UN NOVO ANO! PARA O NOSO CALENDARIO 2021

Páxinas