Noticias

Ven, 19/06/2020
ACTIVIDADES MUNICIPAIS DE VERÁN CONCELLO DE MESIA  2020

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, nas que gardaremos as medidas preventivas requeridas pola COVID - 19.

Escolas e campus infantís e para adultos, con diversas actividades deportivas (natación, tenis e bádminton, ximnasia Circuitos, aerobic -zumba, patinaxe, aquagym) e cursos de formación (pintura e informática adultos e rapaces/zas)

Este verán non poderemos facer algúns eventos e saídas, as que estabamos habituados, coma medida preventiva polo Covid-19; agardamos voltar a normalidade nas escolas de inverno.

Mar, 16/06/2020
CD MESIA 2020

O Concello de Mesía quere dar a noraboa ao Staff técnico, xogadores, directiva e afeccionados do Club Deportivo MESÍA polo seu ascenso a Segunda Rexional, tras finalizar a liga en 2ª posición.

 

 

Mar, 16/06/2020

Mariano Iglesias Castro, Alcalde do Concello de Mesía, A Coruña,

Como consecuencia da pandemia e situación de excepcionalidade provocada polo COVID-19 e ante a próxima celebración das cacharelas de San Xoán na noite do 23 de xuño do actual,

FAGO SABER:

Que o Concello de Mesía establece unha serie de medidas para evitar accidentes e así garantir a seguridade de todos/as os/as que nelas participan:

1. Prohibese a celebración das tradicionais cacharelas de San Xoán en solo público municipal e espazos de titularidade municipal durante a noite do 23 ao 24 de xuño. Tampouco se poderán realizar as cacharelas que interrompan ou deterioren estradas, camiños e beirarrúas.
2. Permítese a realización das cacharelas en terreos particulares respectando as condicións que se recollen no plan para a transición cara unha nova normalidade, así como as condicións xerais de todos os anos.
3. Isto afecta unicamente a aquelas cacharelas que se realicen en terreos particulares, localizados en solos urbanos e de núcleos rurais, o día 23 de xuño,  a partir das 18.00 horas, as cales deberán quedar perfectamente apagadas antes das 06.00 horas do día seguinte.
4. Unicamente poderán realizarse aquelas cacharelas que foran comunicadas, por persoas maiores, vía telefónica (981687001) ao concello ata o 22 de xuño do actual.
5. Queda prohibida a queima de todo tipo de residuos (materiais que conteñan na súa composición plástico, colchóns, rodas, aerosois, produtos inflamables ou explosivos, …) e, en xeral, calquera substancia que ao arder desprenda gases ou fumes tóxicos.

Por outro lado, INFÓRMASE tamén de que non son obxecto de regulación por este aviso as comunicacións de queima de restos agrícolas amoreados, nin as autorizacións de queima de restos forestais, competencia que lle corresponde á Xunta de Galicia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Lun, 15/06/2020

O Concello de Mesía informa de que o día 12.06.2020, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial da Galicia a ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas económicas ás familias de persoas usuarias de centros de atención diúrna de persoas maiores e con discapacidade durante a situación de suspensión deste servizo como consecuencia do COVID-19, a través do Bono coidado extraordinario á dependencia (código de procedemento BS900B).


Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas para os gastos derivados da contratación dun servizo de axuda no fogar, para a contratación ou ampliación de xornada de persoas coidadoras ou para paliar a diminución de ingresos por acollerse a unha excedencia ou redución de xornada para atender no domicilio ás persoas usuarias de centros de día de persoas maiores e de centros de día específicos de alzheimer, e de centros de día e ocupacionais de persoas con discapacidade, e para a contratación de servizos de estimulación física e/ou cognitiva a estas persoas, toda vez que a actividade destes centros está suspendida pola situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ata o 13.07.2020.

Máis información en "Ler máis" ou nos Servizos Sociais do Concello de Mesía.

Lun, 15/06/2020
BONO COIDADO EXTRAORDINARIO

O Concello de Mesía informa de que o día 12.06.2020, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial da Galicia a Orde do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade, estes incluídos, que teñan a súa residencia en Galicia para a conciliación da vida familiar e laboral durante o tempo de suspensión de actividade nas escolas infantís 0-3 e centros de ensino non universitario a consecuencia da evolución da pandemia do COVID-19.

As solicitudes, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ata o 13.07.2020.

Máis información en "Ler máis".

Páxinas