Noticias

Mér, 04/12/2019



O Concello de Mesía informa de que Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop, dentro do Programa de actuación 2020 da Rede Eusumo impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego de Xunta de Galicia, convoca o Programa "Creando Mellora" .

 

Trátase dun programa formativo (teórico-práctico) no que poderán participar persoas desempregadas menores de 35 anos, tituladas e formadas na área empresarial para incorporarse nalgunha das cooperativas beneficiarias seleccionadas, realizando prácticas seguindo un plan de traballo establecido e co fin de elaborar un proxecto de plan de mellora na empresa, durante 6 meses e 25 horas semanais. A estadía da persoa bolseira na entidade será dende o 1 de febreiro ata o 31 de xullo de 2020. Cada persoa bolseira recibirá unha retribución bruta mensual de 675 euros.

O prazo para inscribirse remata o 16 de decembro do 2019. As persoas interesadas en candidatar como bolseiras deberán cubrir inscribirse no seguinte enlace "Formulario de Inscrición" e enviar o seu currículo á Unión de Cooperativas EspazoCoop a roberto@espazo.coop indicando á localidade á que optan.

Máis información en "Ler máis" ou chamando ao concello ao 981687001.

Xov, 28/11/2019

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG número 226 do 27 de novembro de 2019, a convocatoria pública para o ano 2020 do procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais, cofinanciado nun 80% polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.
 

O prazo de inscrición rematará o 27 de decembro de 2019.
 

Para máis información pulse en "Ler máis..." e/ou chame ao concello ao teléfono 981 687 001 en horario de 8.00 a 15.00 horas.

 

Mar, 19/11/2019

"¡Non tezamos loito!" a nosa chamada a educación en igualdade, a tolerancia e o respeto.

A mellor maneira de pelexar contra a lacra da violencia de xénero.

O 25 de novembro ás 11:40 o CPI de Xanceda abriu as súas portas a comunidade para unha concentración contra a violencia de xénero e os/as alumnos/as da ESO leron un manifesto en apoio as vítimas de violencia de xénero.

Todos/as estabamos convidados/as a unirvos!

Ven, 15/11/2019

Campaña de inverno da Deputación da Coruña conta con tres prazas para o Concello de Mesía, poderán acudir rapaces/zas  de 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2020).

2ª Quenda--->do 31/01/2020 ao 03/02/2020

Inscrición:  Ata o 4 de decembro, no concello.

Mér, 13/11/2019
Día Mundial da Diabetes

Mañá celébrase o Día Mundial da Diabetes, unha data para concienciar e para dirixir a atención da xente cara as causas, os sintomas e o tratamento desta doenza.

Na ligazón podes atopar toda a información que necesites: preme el ler máis:

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabete de Galicia.

Anedia Galicia: http://anediagalicia.blogspot.com/

Páxinas