Noticias

Lun, 16/09/2019
AXUDAS A MOCIDADE PARA ALUGAMENTO DE VIVENDA HABITUAL

A Consellería de Vivenda convoca axudas a mocidade  para o alugamento de vivenda  habitual.

Os requisitos básicos son:  ter menos de 35 anos e ser titular dun contrato de aluguer de vivenda, en condición de persoa arrendataria , con mención expresa da súa referencia catastral.

En Ler mais tedes máis información

Xov, 12/09/2019
PROXECTO EIXO_ ITINERARIO COMERCIO E LOXÍSTICA

 Dentro do PROXECTO EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas da 2ª edición do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP) como formación complementaria.

Toda a información do proxecto e documentación para a inscrición e documentación en Ler máis…

Lun, 09/09/2019
ACTIVIDADES CONCELLO DE MESIA 2019 2020

Presentámosvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2019 - 2020. Adxuntamos o boletín de actividades e a folla de inscrición, e avisamos que o luns 16 de setembro abrimos o prazo de inscricións.

Comezamos as actividades e Escolas a semana do 30 de setembro 2019 e rematarán en maio/xuño 2020.

Contamos con actividades para nenos/as dende 0 anos, pasando por xuventude, adultos e maiores:

Ven, 30/08/2019

O Concello de Mesía informa de que, no día de hoxe, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña publicou no DOG núm. 164 o anuncio da Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138.

Mási información en "Ler máis".

Mar, 27/08/2019
ENREDANDO MESÍA

Este curso è organizado polo CIM da Mancomunidade de Ordes e farase un en cada concello da Mancomunidade. O curso consta de varios módulos sobre aspectos sociais e laborais.

Temporalización: En Mesía terá lugar do 12 ó 27 de setembro de 10:00 a 13:00 H.

Páxinas