Noticias

Ven, 30/08/2019

O Concello de Mesía informa de que, no día de hoxe, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña publicou no DOG núm. 164 o anuncio da Resolución de outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Xanceda 7138.

Mási información en "Ler máis".

Mar, 27/08/2019
ENREDANDO MESÍA

Este curso è organizado polo CIM da Mancomunidade de Ordes e farase un en cada concello da Mancomunidade. O curso consta de varios módulos sobre aspectos sociais e laborais.

Temporalización: En Mesía terá lugar do 12 ó 27 de setembro de 10:00 a 13:00 H.

Mér, 21/08/2019

Resolución da dirección xeral de Enerxía e Minas de outorgamento da concesión de explotación derivada do Permiso de Investigación “Xanceda”, Nº 7138 nos concellos de Frades e Mesía.

Expediente: CE/AC/07138 Dereito: Xanceda Concellos: Frades e Mesía Núm. cuadrículas: 25

Solicitante: Explotación de Rocas y Minerales, SA

Asunto: Proposta de resolución Procedemento: Concesión de explotación derivada

Tipo de inicio: solicitude do interesado

Lun, 19/08/2019
FESTA DA AUGA CONCELLO DE MESIA 2019

Por fin ven o bo tempo! xa podemos aproveitar as nosas piscinas para facer xogos de auga, tirarnos polos inflables acuáticos, facer xogos de auga e mezclarnos na festa da escuma. 

A Festa da auga  será este venres 23 de agosto. Así que temos unha cita a partir das 16:00 nas Piscinas Municipais de A Mata en Xanceda, non faltedes!!

Ven, 09/08/2019
CAMIÑO SANTIAGO POR ETAPAS CONCELLO DE MESIA 2019

Percorreremos o Camiño Inglés dende Neda en varias etapas os sábados comezando o 31 de agosto.

INSCRICIÓNS: Do 12 de xuño ao  21 de agosto no Concello (ampliado o prazo)

DATAS: Sábados 31 agosto, 14, 21 e 28 de setembro. Podemos plantexar dividir o percorrido aumentando unha 5ª etapa, repartindo máis os 100 kms totais.

PREZO: 5 € por persoa e día. As 4 etapas 20 €. (Inclúe bús e guía).

Páxinas