Noticias

Xov, 20/06/2019
CARTEL CARREIRA POPULAR 2019

Aberto o prazo de inscricións para as Carreiras populares Concello de Mesía 2019 ata o 1 de agosto.

Entrar en LER MÁIS para cubrir o Formulario de inscrición. Lembramos que non se admitirán inscricións o día da Proba.

Xov, 20/06/2019
CURSO PARA MOCIDADE

É un proxecto integrado  que combina formación en aula e coñecemento do medio natural con itinerarios de campo facendo para iso un uso intensivo de novas TICS.

REQUISITOS Ter entre 14 e 30 anos.

PARTICIP.  10 alumnos/as

IMPARTE Universidades Santiago de Compostela

DATA Comeza o 22 de xullo de 2019

Nº DE HORAS  50 horas

HORARIO 5 horas ao día. Horario por determinar.

INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda.

INSCRICIÓN Ata o 15 de xullo no Concello de Mesía departamento de Xuventude. Prazas limitadas por orde de inscrición.

Mér, 19/06/2019

Aplazamos a Festa da auga para o sábado 29 de xuño por mor do mal tempo destes primeiros días de apertura das piscinas.

As piscinas de Mata Xanceda abrirán do 21 de xuño ao 1 de setembro no seu horario habitual.

Mar, 18/06/2019
PRAIA DE BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas os xoves 27 de xuño; 4, 11 e 18 de xullo; e 1, 8, 22 e 29 de agosto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello a partir do 10 de xuño  (máis información no teléfono 981 68 72 38).

Lun, 17/06/2019
Campions Copa Coruña Xuvenís VISANTOÑA CF 2019

Dende o Concello de Mesía queremos felicitar ao VISANTOÑA CF polos títulos acadados nesta recta final da tempada, así coma polo esforzo na promoción do fútbol en todas as categorías.

Noraboa polo título de COPA DA CORUÑA XUVENIL e polo ASCENSO A PRIMEIRA CADETE!

Páxinas