Noticias

Xov, 27/06/2019
FESTA DA ESPUMA

Dado que non tivemos ningún día de sol e a expectativa de mal tempo é a mesma, temos que aplazar novamente a Festa da auga ata que vexamos que faga bo tempo.

Avisaremos por este medio e por redes sciais da nova data.

Desculpade as molestias.

Xov, 20/06/2019
CARTEL CARREIRA POPULAR 2019

Aberto o prazo de inscricións para as Carreiras populares Concello de Mesía 2019 ata o 1 de agosto.

Entrar en LER MÁIS para cubrir o Formulario de inscrición. Lembramos que non se admitirán inscricións o día da Proba.

Xov, 20/06/2019
CURSO PARA MOCIDADE

É un proxecto integrado  que combina formación en aula e coñecemento do medio natural con itinerarios de campo facendo para iso un uso intensivo de novas TICS.

REQUISITOS Ter entre 14 e 30 anos.

PARTICIP.  10 alumnos/as

IMPARTE Universidades Santiago de Compostela

DATA Comeza o 22 de xullo de 2019

Nº DE HORAS  50 horas

HORARIO 5 horas ao día. Horario por determinar.

INSTALACIÓN Casa da Cultura de Xanceda.

INSCRICIÓN Ata o 15 de xullo no Concello de Mesía departamento de Xuventude. Prazas limitadas por orde de inscrición.

Mér, 19/06/2019

Aplazamos a Festa da auga para o sábado 29 de xuño por mor do mal tempo destes primeiros días de apertura das piscinas.

As piscinas de Mata Xanceda abrirán do 21 de xuño ao 1 de setembro no seu horario habitual.

Mar, 18/06/2019
PRAIA DE BOIRO

Dende o concello propoñémosvos ir á praia novamente, mantendo as saídas os xoves 27 de xuño; 4, 11 e 18 de xullo; e 1, 8, 22 e 29 de agosto.

Para anotarse poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello a partir do 10 de xuño  (máis información no teléfono 981 68 72 38).

Páxinas