Noticias

Mér, 20/07/2016
MESIA KAYAK BECHE

85 rapaces e rapazas e nenos e nenas de Xuventude de Mesía e do Campamento XOECON acudiron o 6 de xullo ao Encoro de Beche en Abegondo.

Desfrutaron dunha mañán chea de multiaventura subindo a Kayaks, a tabla de Paddle surf, saltando no inflable e facendo Tiro con arco e sendeirismo.

Poden ver máis imaxes e video da saída no Facebook Deporte Concello Mesia

Dom, 17/07/2016
TORNEO INTERPARROQUIAL FUTBOL BASE 2016

A edición 2016 do TORNEO INTERPARROQUIAL DE FÚTBOL CONCELLO DE MESÍA xogouse en dúas xornadas por mor da gran participación: o sábado 16 de xullo cas categorías de base e o domingo 17 ca de senior. Cun total de 11 equipos e 150 xogador@s, foi unha das edicións máis numerosas. O Concello repartiu medallas para todos os participantes de fútbol 5 e 8, así coma Copas aos campións e subcampións de cada categoría.

Mér, 13/07/2016
TORNEO INTERPARROQUIAL FUTBOL

Chega a competición veraniega de fútbol co TORNEO INTERPARROQUIAL CONCELLO DE MESÍA 2016 no Campo municipal As Brañas en Visantoña.

Os horarios dos partidos no Cadro de competición vense entrando na Noticia.

Lun, 04/07/2016

O Concello de Sobrado en calidade de promotor xunto cos concellos de Mesía, Curtis, Boimorto, Vilasantar e Toques vai desenvolver un novo obradoiro de emprego (só para persoas desempregadas maiores de 18 anos) financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

As especialidades que se van impartir son:

Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Dom, 03/07/2016

A Mancomunidade de Ordes en colaboración cos concellos da Comarca de Ordes vai levar a cabo o programa “Deseñando o teu futuro”, un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, cuxo proxecto de educación non formal de estancias- visitas en centros de traballo destinado a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e 18 anos.

Páxinas