Noticias

Mér, 24/10/2018
AXUDA Á MOCIDADE PARA VIVENDA

O Instituto galego da vivenda e solo convoca axudas á mocidade para a compra de vivenda en concellos de menos de 5000 habitantes.

Os beneficiarios serán mozos/as de 18 ata 35 anos. O prazo para solicitar a axuda estará aberto ata o 16 de novembro.

Lun, 22/10/2018

Listaxe provisional aos postos de Alumno-Traballador do Obradoiro de Emprego "Brañas do Illo-Río Samo"

Concédese o prazo de dous días a partires da data da publicación deste Anuncio para presentar reclamacións. 

As reclamacións a listaxe provisional presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes dirixidas á Comisión de Selección do Obradoiro "Brañas do Illo-Río Samo".

Se non houbera reclamacións as puntuacións, estas consideraránse definitivas.

Mér, 17/10/2018

Listaxe provisional aos postos de persoal do Obradoiro de Emprego "Brañas do Illo-Río Samo"

Concédese o prazo de dous días a partires da data da publicación deste Anuncio para presentar reclamacións. 

As reclamacións a listaxe provisional presentaranse no Rexistro do Concello de Ordes dirixidas á Comisión de Selección do Obradoiro "Brañas do Illo-Río Samo".

Se non houbera reclamacións as puntuacións, estas consideraránse definitivas.

Mar, 16/10/2018
“A BIBLIOTECA MÁXICA” NA CASA DA CULTURA

Este sábado 20 de outubro, ás 17:00, a Casa da Cultura do Concello de Mesía acollerá un espectáculo de teatro, música e maxia dirixida a un público familiar.

O aforo está limitado, polo que se queres asegurarte a praza, e desfrutar deste espectáculo da Compañía Paiaso Piruleta, podes chamar ao teléfono 981687241 para anotarte a ti a e túa familia ou amizades.

Mér, 03/10/2018
obradoiro emprego Branas Illo Rio Samo

Presentamos o documento que recolle as Bases para a selección do alumnado traballador/a  e persoal do obradoiro de emprego "Brañas Illo - Río Samo".

Páxinas