Noticias

Xov, 13/09/2018

iXov, 13/09/2018

O Concello de Mesía informa de que está aberto o prazo de inscrición para participar no obradoiro de emprego Brañas do Illó-Río Samo. Este obradoiro é promovido polo Concello de Ordes en el colaboramos os Concellos de Frades e Mesía. O dito obradorio será subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

Lun, 10/09/2018
PORTADA ACTIVIDADES MUNICIPAIS MESIA 18 19

Presentámosvos as actividades deportivas e culturais para este curso 2018 - 2019.

Adxuntamos o boletín de actividades e a folla de inscrición, e avisamos que o luns 17 de setembro abrimos o prazo de inscricións.

Comezamos as actividades e Escolas a semana do 1 de outubro 2018 e rematarán en xuño 2019.

Dom, 12/08/2018
GALEUROPA 2018

Galeuropa 2018 Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes (Ordes,Oroso,Frades, Cerceda,Trazo, Tordoia, Mesía).

Establecese o prazo extraordinario de solicitude e inscrición ó programa de Mobilidade Transnacional Xuvenil Galeuropa 2018.

O prazo comenzará o venres 10 de agosto e rematará o 31 de agosto do 2018.

As prazas  asinadas son 9: Reino unido 7, Holanda 1 e Italia 1.

Lun, 06/08/2018
FESTA DA AUGA CONCELLO DE MESÍA 2018

O sábado 4 de agosto tivemos unha xornada calurosa e con cheo absoluto no Complexo recreativo de Mata Xanceda. Maiores e pequenos/as molláronse con dous inflables na piscina, con un acuático  no chan, con xogos de auga, ca festa da escuma e xa para rematar, de merenda, repartironse case 700 iogures variados agasallo da Casa grande de Xanceda.

 

Mar, 31/07/2018
XI TORNEO DE TENIS CONCELLO DE MESÍA 2018

O prazo de inscrición para o XI Torneo de tenis remata o 2 de agosto, enviando un mail ca Folla de inscrición ao mail elenarocamoro@concellodemesía.gal

Esta é a undécima edición do Torneo de tenis non profesional organizado polo Concello de Mesía, que se xogará nas pistas de Xanceda en 3 categorías: individual feminina e masculina, e dobres mixto.
No evento do Facebook Deporte Concello de Mesía seguiremos o Cadro, resultados e Imaxes do Evento.

Páxinas