Noticias

Mar, 31/07/2018
CARTEL FESTA DA AUGA 2018

O domingo pasado, por mor da climatoloxía, tívose que aprazar a Festa da Auga, polo que agardámovos a todos-as este sábado 4 de agosto, á mesma hora, a partir das 16:00 nas Piscinas Municipais de A Mata (Xanceda).

Xogos de auga, inchables acuáticos e festa da escuma serán algunhas das actividades propostas para os-as rapaces-as. Non faltedes e bótade moita CREMA!!!

Dom, 29/07/2018
CANCELADA FESTA AUGA HOXE

Cancelamos hoxe a festa da auga polo mal tempo.

Informaremos da nova data, que será sabado 4 ou domingo 5 de agosto próximos.

Desculpen as molestias.

Sáb, 28/07/2018
CARREIRA 12K CONCELLO DE MESIA 2018

A Carreira 2018, celebrada entre Visantoña e Olas o 28 de xullo, xuntou a 212 corredores e corredoras de diversas categorías en seis carreiras. Participaron 112 na Carreira de 12 quilómetros, 55 na Minicarreira 6K, e 45 nas de base.

Ao longo do percorrido e na meta puidemos ver a máis de trescentas persoas animando no paso da carreira. Os gañadores da proba foron Manute e Laura. Na de 6K Jose Manuel Corral e Concga Novais

Xov, 26/07/2018
FESTA AUGA MESIA 2018

Xogos de auga, inchables acuáticos e festa da escuma serán algunhas das actividades propostas para os-as rapaces-as este domingo 29 de xullo. Así que temos unha cita a partir das 16:00 nas Piscinas Municipais de A Mata en Xanceda, non faltedes!!

Estade pendentes das redes socias, dado que no caso de que o tempo non acompañase cancelaríase.

Mar, 24/07/2018
CARREIRA CONCELLO DE MESÍA 2018

Aviso de cortes nas estradas o sábado con motivo das Carreiras populares.

Animamos a vir correr ou a animar nas beirarrúas!!

AGRADECEMOS A IMPLICACIÓN AOS COLABORADORES DA CARREIRA:

CARPINTERÍA RAMÓN GARCÍA

COCA COLA

CORRER EN GALICIA

PANADERÍA VISANTOÑA

CLUB ATLETISMO ORDES

CERÁMICA VEREA

PANADERÍS BOGA

ARGAL

PANADERÍA GENDE

CASA ZAPATEIRO

PANADERÍA PÉREZ

EUROFRUT

PANADERÍA A TILLEIRA

RESTAURANTE MANTEIGA

PANADERÍA ABELLÁ

CERÁMICA CAMPO

Páxinas