Noticias

Mér, 06/06/2018
ACTIVIDADES VERÁN MESÍA 2018

O Concello de Mesía presenta a súa programación de actividades para este verán, que engloban:

Escolas e campus infantís e xuvenís, obradoiros e cursos, eventos deportivos e saídas.

Mar, 29/05/2018
CARTEL FIN CURSO MESIA 17 18

O venres 1 de xuño 2018 celebraranse no Pavillón do CPI de Xanceda as Festas de fin de curso das actividades e escolas municipais do presente curso.

As exhibicións das escolas infantís, entrega de diplomas, agasallos e merenda; darán comezo ás 16:30.

As 21.30 será o turno para que os adultos e maiores fagan tamén exhibicións das súas actividades. Pecharemos o día cos pinchos.

Mar, 29/05/2018
CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DEPUTACIÓN 2018

Aberto ata o 15 de xuño o prazo de inscrición no Concello para os Campamentos Deportivos de verán da Deputación.

Os Campamentos Deportivos 2018 están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 años de edad (cumpridos no 2018) e se desenrolarán no centro Calvo Sotelo de A Coruña en cuatro quendas.

O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estancia e mantemento.

Xov, 24/05/2018
SENDERISMO A TOURO MESIA 2018

A Ruta dos Tres Ríos PR-G 121 transcorre durante 10 quilómetros a través das parroquias de Touro, Fao, Cornado e Novefontes, todas elas  no concello de Touro. A duración estimada da ruta non excede as tres horas, xa que é de dificultade baixa.

Zonas ruta:  Saída da Área Recreativa de A Santaia,  Muíños da Carballa, Fervenza do Salto das Pombas,  Ponte da Laña,  Ponte Basebe: A carballeira final de percorrido.

Xov, 10/05/2018
CAMPAÑA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS 2018

Campaña de prevención de incendios forestais: información da Xunta de Galicia sobre distancias e xestión da biomasa.

Páxinas