Noticias

Mér, 13/12/2017
O GOBERNO DE MESÍA REDUCE OS TIPOS DO IBI AO MÍNIMO LEGAL

Desde 2018 situaranse no 0,30 % en bens inmobles de natureza rústica e no 0,40 % en bens inmobles de natureza urbana

 A medida trata de paliar os efectos do ‘catastrazo’ aplicado polo Ministerio.

O goberno de Mesía reducirá o tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ao mínimo legal desde o 1 de xaneiro de 2018. O pleno do Concello aprobou por unanimidade a rebaixa proposta polo executivo local, de maneira que o tipo para inmobles de natureza rústica se situará no 0,30% do seu valor catastral e o de inmobles de natureza urbana no 0,40%. Ata agora, os dous estaban no 0,45%. Os bens de características especiais, como determinadas instalacións eléctricas ou telefónicas continuarán tributando o 1,30% do seu valor catastral.

 A ordenanza fiscal, ademais, mantén as bonificacións xa existentes no IBI para familias numerosas. Para as familias numerosas de carácter xeral, poden ir desde o 30% ata 55% do imposto, e para as familias numerosas de carácter especial oscilan entre o 50% e o 75%. As bonificacións son maiores canto menor sexa o valor catastral do inmoble.

Lun, 04/12/2017

Mesía atópase entre os 35 concellos beneficiarios da axuda de Medio Rural para a adquisición dun tractor e dúas desbrozadoras, unha de brazo e outra de arrastre que axudarán para o mantemento libre de maleza das infraestruturas rurais, das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa e determinadas parcelas de titularidade municipal.

A adquisición deste tractor por parte do Concello de Mesía axilizará as campañas de desbroce que se viñan desenvolvendo dende fai anos con medios propios para poder loitar contra o lume.

Lun, 04/12/2017
TORNEO MESÍA CONTRA O CÁNCRO 2016

Presentámosvos a DÉCIMA edición do TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA: MESÍA CONTRA O CANCRO. Atención equipos aos prazos de inscrición, xa que será por riguroso orde de inscrición para 12 equipos, dende hoxe. Farase comunicando a participación por mail á organización: elenarocamoro@concellodemesia.gal, por último, antes do 22 de decembro formalizarase esta inscrición enviándonos a Folla de inscrición.

Ven, 01/12/2017
CARTEL NADAL MESIA 2017

O Concello de Mesía prepárase para vivir con alegría e actividades este Nadal.

Entrando na nova pódese consultar o Boletín de actividades.

Algunhas destacables son: Paxe Real, Postres Navideños, Musical de Reis, Saídas e Torneos solidarios.

Lun, 20/11/2017
MESIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2017

Presentámosvos a campaña de sensibilización contra a violencia de xénero #nonmeenredes.

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o próximo 25 de novembro, visibilizamos a presenza da violencia de xénero nas redes sociais.

O lema #nonmeenredes pretende ser un berro reivindicativo das mulleres da comarca para que ninguén exerza a violencia a través de Internet, e que esa violencia teña cada vez menos espazos para existir na sociedade.

Páxinas