Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía. Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€ a favor da AECC na loita contra o cáncro.
O CONCELLO DE MESÍA PROPORCIONARÁ, DE BALDE, COMPOSTEIROS E ASESORAMENTO PARA QUE, A VECIÑANZA QUE DISPÓN DUN PEQUENO TERREO, POIDA AUTOXESTIONAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS QUE SE PRODUCEN NO FOGAR.
Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.
É por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, non só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.
Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://mesia.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Novidade no Nadal con xornadas de entretemento, de fomento e de coñecemento das actividades físicas e deportivas municipais que realizamos dende o Concello de Mesía.
Abriremos as portas das nosas clases para toda a xente que queira probar, e os que asistides con normalidade xa. Vir con algún detalle ou motivo navideño ao pavillíon de Olas.
Idades: Para maiores de 12 anos, adultos e maiores.
Inscricións: Quen queira probar só ten avisar ata 2 días antes no teléfono 699 453 750. (Mínimo 10 persoas por actividade.)
O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.
Publicamos xa os cadros de competición, asi coma o cartel do Torneo contra o cáncro onde figuran os patrocinadores: Carpintería Ramón García, Erimsa, Campo SL. Así coma empresas e asociacións colaboradoras.
No Torneo infantil teremos 10 equipos, que xogarán na tarde do venres 22 de 15h a 20h, e no senior 9 equipos que xogarán o sábado 23 de 11:00h a 19:30h.
Animamos ó público a acudir ao Pavillón de Olas para apoiar nestas causas solidarias co coste da entrada 2 € e compra voluntaria de rifas, a favor da AECC e AMARAI.
As furnas atoparanse xa o día 22 nesta instalación.
Noticias
ÉXITO DOS TORNEOS SOLIDARIOS: CON 2.128€ CONTRA O CANCRO E 687€ A FAVOR DE AMARAI
Os Torneos solidarios desputados o 22 e 23 de decembro foron un exemplo da solidariedade no Concello de Mesía.
Recolléronse 687 € para a Asociación AMARAI no VI Torneo infantil e no XIII Torneo Mesía contra o cáncro 2023 recadáronse 2.182€ a favor da AECC na loita contra o cáncro.
GALERÍA DE IMAXES.
COMPOSTAXE DOMÉSTICA, CLAVE PARA A REDUCIÓN DO LIXO EN MESÍA
O CONCELLO DE MESÍA PROPORCIONARÁ, DE BALDE, COMPOSTEIROS E ASESORAMENTO PARA QUE, A VECIÑANZA QUE DISPÓN DUN PEQUENO TERREO, POIDA AUTOXESTIONAR OS RESIDUOS ORGÁNICOS QUE SE PRODUCEN NO FOGAR.
Os residuos orgánicos representan, aproximadamente, a metade dos residuos xerados nos fogares. A súa xestión supón un importante impacto, tanto a nivel medio ambiental como económico.
É por este motivo polo que, dende o Concello, anímase a toda aquela veciñanza que dispoña dun pequeno terreo, a autoxestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe doméstica. Grazas a ela, non só se reduce a pegada de carbono, senón que tamén se pon en valor un residuo, obtendo como resultado de forma sinxela un excelente abono.
Para beneficiarse da iniciativa simplemente hai que anotarse no concello (de forma presencial ou a través da web no enlace https://mesia.rsu.gal/ ). Unha vez completado o rexistro, organizarase unha xornada formativa na que se fará a entrega de todo o material necesario. A iniciativa tamén incluirá un seguimento ao longo do ano 2024.
Esta iniciativa conta coa financiación da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Goberno de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Máis información en "Ler máis".
DEPORTE ABERTO NO NADAL 2023
Novidade no Nadal con xornadas de entretemento, de fomento e de coñecemento das actividades físicas e deportivas municipais que realizamos dende o Concello de Mesía.
Abriremos as portas das nosas clases para toda a xente que queira probar, e os que asistides con normalidade xa. Vir con algún detalle ou motivo navideño ao pavillíon de Olas.
Idades: Para maiores de 12 anos, adultos e maiores.
Inscricións: Quen queira probar só ten avisar ata 2 días antes no teléfono 699 453 750. (Mínimo 10 persoas por actividade.)
PUNTUACIÓNS PROVISIONAIS PROCESO SELECTIVO MESTRE N1 OBRADOIRO DE EMPREGO BRAÑAS DO ILLO RIO SAMO VI
O Concello de Mesía publica as puntuacións provisionais obtidas polos/as participantes do proceso de selección de mestre da especialidade nivel 1 do Obradoiro de Emprego Brañas do Illó - Río Samo VI.
Máis información en "Ler máis".
CADROS DOS TORNEOS SOLIDARIOS DE FÚTBOL SALA NO NADAL

Páxinas