Noticias

Ven, 06/10/2017
REFORMA 17

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), adscrito á Consellería de Economía, Traballo e Industria da Xunta de Galicia, a través do Programa Reforma 17 concederá axudas a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar.

As axudas solicitaranse directamente no establecemento adherido ao dito programa.
O prazo para solicitar as axudas comezará o 11 de outubro do actual.

Mér, 04/10/2017
PORTAS ABERTAS VEREA MESÍA

Informámolos de que Cerámica Verea, que está de 50 aniversario, celebrará o sábado 21 de outubro do actual unha xornada de portas abertas.

As visitas están dirixidas a todo o público que queira coñecer o proceso moderno de elaboración de tella cerámica. Horarios de mañá e de tarde. Prazas limitadas.

Para confirmar asistencia poden chamar a Cerámica Verea, ao 981 687 053, indicando en que horario prefiren asistir.

Máis información no cartel adxunto.

Mér, 27/09/2017
EMPREGO E FORMACIÓN CONCELLO DE MESÍA

No día de hoxe entrou en funcionamento na nosa páxina web a sección denominada “EMPREGO E FORMACIÓN” dentro do apartado SERVIZOS.

Con esta páxina preténdese proporcionar ás persoas interesadas información que lles sexa útil para facilitarlles o seu desenvolvemento profesional e social e a súa inserción laboral no mercado laboral.

Mar, 26/09/2017
CHARLA LUZ MESÍA 2017

O  4 de outubro ás 16:00, o INEGA (Instituto de Enerxía de Galicia) xunto co IGC (Instituto Galego de Consumo) ofrecerán unha charla informativa na Casa de Cultura do Concello de Mesía, onde darán as pautas para conseguir un maior aforro na factura da luz e tamén nos axudarán a comprender o seu contido.

Mar, 26/09/2017
MÓVETE MESIA 2017 2018

Aínda quedan uns días para anotarse nas actividades deportivas e culturais que o Concello de Mesía presenta para este curso 2017 - 2018.

Dentro da programación de actividades pode atoparse unha oferta variada e adaptada a todos os gustos e idades. VER BOLETÍN ACTIVIDADES

Páxinas