Noticias

Sáb, 26/08/2017
REDE MESIA XOVE

Lembrade que o día 30 de agosto na casa da cultura ás 18:00h teremos unha charla dirixida a todos os xoves que queiran acudir. Nela abordaranse os programas que está ofertando a Dirección Xeral de Xuventude anualmente, tales como; Galeuropa, Deseñando o teu futuro, Iniciativa Xove, Correspondentes Xuvenis, Voluntariado, etc.

Ven, 25/08/2017
Asociación de Baile e Música Tradicional de Mesía

O día 19 de agosto tivo lugar a IV Foliada das Mentiras na plaza do Concello de Mesía, en Xanceda.
Un ano mais foi organizada pola Asociación de Baile e Música Tradicional de Mesía e contou ca colaboración do Concello de Mesía e o patrocinio de Casa Zapateiro, A Tenda dos Queixos e Casa Grande de Xanceda.

Dom, 13/08/2017
X TORNEO DE TENIS MESIA 2017

Actualizados os Cadros de competición do noso X TORNEO DE TENIS, no que participan máis de vinte tenistas en tres categorías.

Xógase durante todo o mes de agosto nas Pistas de Mata - Xanceda.

Xov, 10/08/2017
PROGRAMA BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS

O Concello de Mesía informa de que a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia publicou, no DOG núm. 144, do 31.07.2017, a convocatoria do Programa do bono das persoas autónomas para o ano 2017  pola que se poderá conceder unha subvención de ata 3.000 euros para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias da dita convocatoria.

Prazo de presentación: Do 01.08.2017 ao 31.08.2017, ambos os dous inclusive.

Dom, 06/08/2017
VII POPULAR CONCELLO DE MESIA

A Carreira 2017 xuntou a 241 corredores e corredoras de diversas categorías en seis carreiras. Participaron 117 na Carreira de 12 quilómetros, 64 na Minicarreira 6K, e 60 nas de base.

Ao largo do precorrido e na meta puidemos ver a máis de trescentas persoas animando no paso da carreira. Os gañadores da proba foron Manute e Mariela.

Páxinas