Noticias

Sáb, 29/07/2017
CARTEL CARREIRA 2017

Avisamos que: por mor do precorrido da Carreira, permanecerán pechadas ao tráfico varias vías de Visantoña e Olas entre as 19:00 - 20:30 horas deste sábado 5 de agosto. Desculpen as molestias.

Presentamos a VII Carreira Popular e Minicarreira 2017, organizada polo Concello de Mesía, agradecendo a colaboración de: Carpintería Ramón García, Coca Cola, Correr en Galicia, Club de atletismo de Ordes, Cerámica Verea, Argal, Panadería Visantoña, Panadería Boga, Froitería A Nova, Panadería Gende, Casa Zapateiro, Panadería A Tilleira, Restaurante Manteiga, Panadería Abellá, Cerámica Campo, Cooperativa de Frades, Pinturas Tocho Betanzos, Restaurante Canaima, Eurofrut, Progando, Atlética a Silva, Panadería Pedro Fernández de Herves, Artesáns de Ordes, Abanca, Eroski, Asociación Provincial de Protección Civil, Veciños de Olas, Visantoña e Mesía, e ao Grupo Presedo Garaboa.

Ven, 28/07/2017
CANCELADA FESTA AUGA

O Concello de Mesía informa que a Festa da auga queda cancelada ata nova data por mor da inestabilidade meteorolóxica.

Avisaremos da nova data, desculpen as molestias.

Mér, 26/07/2017
X TORNEO DE TENIS MESIA 2017

Presentamos o X Torneo de tenis do Concello de Mesía.

Nas pasadas edicións xogaron uns 30 tenistas nas diversas categorías.

Lun, 24/07/2017
FESTA DA AUGA 2017

Este sábado 29 de xullo ás 16:00 comeza a FESTA DA AUGA 2017 nas piscinas municipais de Mata – Xanceda.

Espéranos unha tarde de diversión con inflables acuáticos, xogos de auga e tamén  Festa da escuma!!

Agardámosvos!

Lun, 24/07/2017
CAMPAMENTO XOECON 2017

60 nenos e nenas de 4 a 14 anos participaron nas mañáns de aventuras, xogos e obradoiros do Campamento Xoecon 2017.

Páxinas