Albixoi (Santa Mariña)

Composta polas aldeas de A Carballeira, A Casanova, Castiñeiras, A Fieiteira, O Formigueiro, A Fraga da Lata, A Igrexa, A Lata, Novás, Ousende, O Parceiro, Pereira, Quintás, A Torre, Xemerás e Xestosa, que ocupan unha superficie de 8,48 Km2.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial, que pertence a finais do S. XVI, é un exemplo de construción rural de carácter relixioso de gran sinxeleza e sobriedade. A igrexa albergou un importante retablo do S. XVIII realizado por Casas e Novoa, que desgraciadamente foi destruído arredor do ano 1964.

Arquitectura popular

Na aldea de Xestosa atopamos un muíño de moi pequenas dimensións e semienterrado no terreo, este pertence aos chamados muíños de rodicio, ca súa roda motriz en horizontal.

Termalismo

Tamén na aldea de Xestosa contamos cos restos do que foi un pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado, úlceras... Trátase dun manancial que nace nas rochas e que verte as augas por un picho cara a unha fonte.

Festividades e santuarios

Corpus Christi o 15 de xuño Santa Mariña 15 e 16 de xullo

 

Albixoi 1
Albixoi 2
Albixoi 3
Albixoi 4
Albixoi 5
Albixoi 6
Albixoi 7
Albixoi 8