Cabrui (San Martiño)

Cunha superficie de 12,31 km2 está formada por O Abeneiral, O Candal, As Cangas, A Casanova, O Cruceiro, As Foucellas, A Fraga, A Gándara, A Igrexa, Mou, O Pazo , Picoi, Raíña, O Río, Santa Uxías, A Tarroeira, A Tieira da Baiuca, A Tieira Grande, A Tieira Pequena, O Vilar, Vilardevesa, Vilarensal, Vista Alegre e Os Zacotes.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial orixinalmente datada do Século XIII, aínda que tamén ten engadiduras doutras épocas, coma parte do campanario, que data do XVIII.

A parte máis antiga conservada desta edificación probablemente sexa o arco triunfal que descansa sobre uns piates rectangulares.

Arquitectura civil

Atopamos a Casa do Coronel nesta parroquia, que data do 1º tercio do séc. XX. Actualmente adicada ao turismo rural, esta vivenda posúe unha curiosa historia.

Foi construída a partires dos bosquexos dun alumno de arquitectura que cumpría o servicio militar baixo a orde deste coronel que sería o propietario da casa.

Este estudante resultou ser o afamado arquitecto Antonio Tenreiro, autor do Banco Pastor da Coruña, entre outras destacadas obras.

Festividades e santuarios

San Antón o 9, 10 e 11 de xuño San Martiño os días 11 e 12 de novembro

 

Cabrui 1
Cabrui 2
Cabrui 3
Cabrui 4
Cabrui 5
Cabrui 6
Cabrui 7
Cabrui 8