Ten unha superficie de 4,86 km2 e está formada polas aldeas da Escarabelleira, Gosende, A Igrexa, O Lago, O Pazo, A Ponte, Recea, O Telleiro, A Vila e As Xunqueiras.
Arquitectura relixiosa
Igrexa parroquial de gran sobriedade decorativa, cunha planta rectangular e unha soa nave, da que sobresae un espazo a cada lado, que no seu interior acolleu sendos retablos.
Arquitectura civil
No Lago, atópase un pazo datado do século XVII, de estilo barroco, que posúe unha pequena capela, que alberga un pequeno retablo do ano 1842.
Nesta mesma parroquia atópase outro pazo chamado Casa da Vila, mandado construír por Saturnino Aller, que foi presidente da Deputación da Coruña. Data do séc. XIX e posúe unha biblioteca cun bo número de volumes, ao igual que un observatorio na parte máis alta, pois alí vivía don Ramón Aller, coñecido astrónomo irmán do antigo dono.
Festividades e santuarios
Na honra a San Sebastián, o 20 de xaneiro Corpus Christi, o 8 e 9 de xullo