Olas (San Lourenzo)

Está formada polas aldeas das Calles, A Carballa, O Carballal, Cima de Vila, A Hedra, A Igrexa, Leborís, Mandás, O Mato de Abaixo, O Mato de Arriba, Meilán, As Pereiras, O Piñeiro, Queiroa de Abaixo, Queiroa de Arriba, Soutelo e O Xiao.

Arquitectura relixiosa

Igrexa parroquial, que data do ano 1680, correspondente ao barroco, aínda que no 1968 sufriu unha modificación, na que se sustituíron por formigón os arcos que posuía, e se recebaron os seus muros.

Consérvase unha lápida conmemorativa e máis un escudo que lembra aos autores da obra e a data desta construción.

Na fachada destaca a espadana no eixo central, aínda que carece de ornamentación algunha.

A Capela de San Cidre é unha pequena construción barroca, de moi reducidas dimensións, que alberga no seu interior un retablo formado por varias imaxes, das que cabe destacar a do patrón da capela.

Festividades e santuarios

O día 15 de maio celébrase o San Cidre O 10 de xuño celébranse as Misas O Santo Antón é o día 13 de xuño Na honra á San Lourenzo os días 10 e 11 de agosto.

 

Olas 1
Olas 2
Olas 3
Olas 4
Olas 5
Olas 6
Olas 7
Olas 8
Olas 9
Olas 10
Olas 11
Olas 12
Olas 13